Antonino Nieto expón na sala Valente da cidade a súa visión para a reconstrución cultural de Ourense nun acto no que participaron un centenar de persoas

O poeta, videoartista e creador estivo acompañado pola concelleira en Ourense, Rosa Martínez; o ex senador e ex deputado autonómico, Juan Carlos Francisco; e o secretario provincial, Rafa Villarino

Dende o PSOE ourensán volveron a incidir na necesidade de “reconstruír culturalmente unha cidade como Ourense, na que a cultura foi borrada do mapa”

AVANTAR ACTIVIDADES

Ourense, 1 de marzo de 2023. O PSdeG-PSOE de Ourense vén de participar na tarde de hoxe nun acto celebrado na Sala Valente, na cidade de Ourense, na que o poeta, videoartista e creador, Antonino Nieto Rodríguez, falou sobre a reconstrución cultural de Ourense. Na ponencia interviron a edil no Concello de Ourense, Rosa Martínez; o ex senador e ex deputado autonómico no Parlamento de Galicia, Juan Carlos Francisco Rivera; e o secretario provincial, Rafael Rodríguez Villarino.

Ante medio centenar de persoas o artista verinés expuxo as súas inquedanzas e deu a súa visión sobre as necesidades culturais que vive a cidade e a provincia nestes momentos. Este acto está encadrado dentro dunha serie de ponencias e intervencións que a executiva provincial do PSdeG-PSOE de Ourense vén facendo ao longo dos últimos tempos e que terán continuidade no futuro, con novos actos destas características.

Dende o PSOE ourensán volveron a incidir na necesidade de “reconstruír culturalmente unha cidade como Ourense, na que a cultura foi borrada do mapa” e destacan que se trata “dun proceso complexo que require dun esforzo conxunto de la sociedade civil, institucións y axentes culturais”. Os e as socialistas consideran que “nunha cidade como Ourense debe reflexar a súa rica historia e patrimonio, e esta oferta cultural tamén debe ser relevante e atractiva para os residentes e visitantes da cidade”.

No acto falouse sobre a promoción da cultura local, os investimentos en arte e patrimonio, o fomento da educación cultural, a promoción do turismo cultural ou o apoio aos artistas locais.