Dobre programación no Novo Cine de Leiro para esta fin de semana

O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira como cada semana. Neste caso trátase dunha dobre programación pensando en todos os públicos.

Por unha banda o filme infantil “Momias, descubre un nuevo mundo”. Momias é unha película española de comedia e aventuras de 2023 dirixida por Juan Jesús García Galocha e escrita por Jordi Gasull e Javier Barreira. Poderase ver o venres, sábado e domingo, ás 16:00 horas e ás 18:15 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por outra banda, “Los Fabelman”, película semiautobiográfica da propia infancia e mocidade de Spielberg, ambientado a finais da década de 1950 e principios dos 60, en Arizona. Poderase ver o venres, sábado e domingo ás 20:30 horas.