Marta Novoa: “Confío moito nos veciños de San Cibrao das Viñas e, con ilusión e responsabilidade, quero que confíen en min para seguir mellorando o noso concello”

A cabeza de lista do PPdeG en San Cibrao das Viñas o vindeiro 28 de maio destaca no podcast en Primeira Persoa do PPdeG a súa ilusión e responsabilidade por liderar a candidatura popular no seu concello

●      “Son unha persoa traballadora, enérxica e fiable. Confío moito nos veciños de San Cibrao das Viñas e, con ilusión e responsabilidade, quero que confíen en min para seguir mellorando o noso concello”

AVANTAR ACTIVIDADES

●      “É unha sorte ter ao meu carón a Manuel Pedro Fernández (actual alcalde de San Cibrao das Viñas) e toda a súa experiencia. Xa avanzo que seguirei contando con el para esta nova andadura, é un gran mestre”

●      “Dende pequena gustoume moito montar e desmontar obxectos. Por iso, cando tiven que decidir a miña carreira universitaria elixín ser enxeñeira industrial, unha profesión que axuda a dar solución aos problemas. E esta vocación por arranxar as cousas continúa en política: aínda que non é un perfil moi habitual neste eido, creo que os enxeñeiros temos habilidade para planificar e artellar solucións aos problemas dos veciños”

●      “San Cibrao das Viñas ten dúas cousas moi importantes: industria e natureza. Por unha banda, somos o concello industrial de Galicia, cun polígono de case 5 millóns cadrados e medio millar de empresas. E por outra banda temos un marabilloso entorno natural, con tesouros coma A Boutureira”

●      “Estou namorada de San Cibrao das Viñas. Podería vivir en calquera pobo do meu concello: son moi fermosos, teñen paraxes naturais e as casas están moi coidadas grazas ao investimento dos veciños e a axuda do Concello”

●      “O meu obxectivo é seguir aumentando os servizos públicos en San Cibrao das Viñas. Por iso a partir do 28 de maio liderarei un novo proxecto para avanzar neste modelo, reforzando os servizos e infraestruturas demandadas polos nosos veciños en cuestións chave como a sanidade, a cultura ou o deporte de base”

UN NOVO FORMATO PARA COÑECER DE PRETO AOS CANDIDATOS

·        O podcast en Primeira Persoa é unha idea orixinal do Partido Popular de Galicia na que diferentes candidatos das provincias galegas teñen a oportunidade de ser entrevistados nun formato directo, dinámico, e adaptado ás novas formas de comunicación que ofrece o universo transmedia

·        A máxima coa que se plantexan estas entrevistas é que os veciños poidan coñecer á persoa que hai detrás do político e escoitar aos seus candidatos nun ton informal e próximo, mais aló de discursos políticos e ideoloxías

Estas son as redes onde está dispoñible o podcast en Primeira Persoa:

Facebookhttps://www.facebook.com/ppdegalicia

Twitterhttps://twitter.com/ppdegalicia

Instagramhttps://www.instagram.com/ppdegalicia

Youtubehttps://www.youtube.com/@ppdegalicia

iVooxhttps://www.ivoox.com/podcast-en-primeira-persoa_sq_f11835326_1.html