O Concello de Piñor informa da realización da actividade “ENREDOS POLA IGUALDADE”, con motivo do vindeiro 8M, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.
O tema da igualdade de xénero e a loita por acadar esa igualdade efectiva e real entre mulleres e homes require dunha implicación por parte de tódalas administracións. Máis concretamente, a infancia e adolescencia son un colectivo co que hai que traballar o tema de forma prioritaria, así como coas nais e pais, pois se educamos en igualdade crearemos futuras persoas adultas responsables e respetuosas. Dende o Concello de Piñor son moitas as iniciativas que, ó longo do ano, se levan a cabo neste eido, tanto actividades directamente destinadas ó tema da igualdade como iniciativas de tipo transversal, tratando de incluir o tema da igualdade en diversas actividades infantís de conciliación que se levan a cabo.
O Programa de Educación Familiar, que se leva ofrecendo dende o Concello de Piñor dende o ano 2006, é precisamente un servizo que traballa directamente este tema, tanto coas familias usuarias como nas actividades comunitarias que leva a cabo. Dende devandito programa, financiado pola Consellería de Política Social e polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020 como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, levarase a cabo a actividade “ENREDOS POLA IGUALDADE”, unha xornada de actividades vinculadas á temática da igualdade de xénero, onte nenos, nenas e tódolos membros da familia poderán desfrutar de xogos variados, sorteos e agasallos. Terá lugar o vindeiro sábado 11 de marzo de 16:30h a 19:30h no Centro Social de Albarona, ofrecendo as seguintes actividades:
- “Cluedo da igualdade”: Actividade en rol, en vivo e teatralizada, na que as familias participarán en equipo para desvelar un misterio.
- Xogos tradicionais: Unha tarde de xogos en familia, con monitores/as que nos guiarán e con acompañamento musical para animar a xornada.
- “Fotocall de igualdade”: As familias e cativos poderán levarse un recordó desta xornada, cun espazo Fotocall con elementos e mensaxes en prol da igualdade.
- Sorteo de contos de igualdade e agasallos para nenos e nenas.
Animamos á poboación a asistir á actividade ENREDOS POLA IGUALDADE, para pasar unha tarde en familia divertida, mentres fomentamos a igualdade de xénero entre os nosos nenos e nenas. Dende a organización, rógase puntualidade, para poder comezar ás 16:30h a actividade inicial.