A Dirección Xeral de Patrimonio Natural tomba o macropolígo eólico que Greenalia pretendía chantar no Monte Grande entre Bande e Verea

  • A contestación veciñal, con máis de 800 alegacións tramitadas a través de Stop Eólicos Xurés Celanova, que xa comezou a súa campaña contra o proxecto en 2021, foi determinante para parar outro proxecto de Greenalia, despois de que en xaneiro a Administración rexeitara tamén o macropolígono de Lamas de Feás, unido a este a través da LAT de Greenalia (aínda en tramitación).
  • (imaxes: Lagoa Grande, e Marcha en Defensa do Monte Grande, outono 2021, co Xurés ao fondo)

LEMBRA A NOSA CAMPAÑA do FONDO PARA A DEFENSA XURÍDICA DAS MONTAÑAS DA LIMIA-XURÉS-CELANOVAen migranodearena.org -> https://bit.ly/3KBV0je

O proxecto de Greenalia para instalar no Monte Grande, con 12 aeroxeradores de máis de 180 metros de altura, 11 no territorio do Concello de Bande 1 no de Verea, e cunha poligonal que incluía tamén territorio do Concello de Rairiz de Veiga foi rexeitado pola Concellería de Medio Ambiente que emitiu unha Declaración de Impacto Ambiental desfavorábel, segundo publica hoxe o DOG.

AVANTAR ACTIVIDADES

STOP EÓLICOS XURÉS CELANOVA organizou en outono de 2021 a I MARCHA EN DEFENSA DO MONTE GRANDE en Bande e presentou máis de 800 alegacións ao proxecto durante o período de exposición pública na primavera seguinte. As alegacións advertían tanto da FRAGMENTACIÓN FRAUDULENTA dado carácter unitario dos parques eólicos previstos na zona, empezando pola liña de evacuación, como da ausencia dunha AVALIACIÓN SINÉRXICA DOS IMPACTOS, dada a proximidade física entre os proxectos PE FOTESANTA, PE LAMAS DE FEÁS+LAMAS II, PE MONTE DA NEVE, así como o PE O VIEIRO (operativo)

Agora, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural, en dous informes emitidos o 8 de agosto pasado e o 27 de xaneiro deste ano, que se fan públicos hoxe, incide neses argumentos e sinala outras cuestións relevantes, como que a poligonal da instalación industrial está dentro da Reserva da Biosefera Gêres-Xurés e afecta a parte da Reserva da Biosfera Área de Allariz; que a instalación tería impactos moi graves sobre especies terrestres (Pilularia globulifera e Eryngium viviparum), sobre aves en en perigo de extinción (Milvus milvus, Gallinago gallinago, Vanellus vanellus, Tetrax tetrax, Burhinus oecdinemus e Aquila chrysaetos), sobre o Plan de xestión do lobo e o Plan de recuperación do sapoconcho, e sobre a masa de auga coñecida como a Lagoa Grande.

Tamén advirte que na área de desenvolvemento eólico (ADE) xa están en funcionamento un grupo de 19 aeroxeradores (o PE do Vieiro, Iberdrola) que, de se instalar o PE Fontesanta, “crearía unha segunda barreira de aeroxeradores diante das aliñacións do parque O Vieiro e a súa ampliación”. É preciso lembrar que na mesma ADE está en tramitación o denominado PE Monte da Neve (pola empresa alemá Bay Wa) polo que se executaría, de facto, esa “ampliación” cara o norte do actual PE do Vieiro, sumando outros 7 aeroxeradores, pero 2,5 veces máis altos.

STOP EÓLICOS XURÉS CELANOVA agradece aos colectivos ambientalistas Petón do Lobo, ADEGA, Movemento Ecoloxista da Limia, Salvemos o Támega-ADEGA Monterrei, Amigas das Árbores de Ourense, Ecoloxistas en Acción así como ao Sindicato Labrego Galego o seu apoio nesta loita veciñal contra a invasión eólica das comarcas da Limia, a Baixa Limia e Terras de Celanova.

E recorda que está en marcha desde hai unha semana a campaña de recadación de fondos para a DEFENSA XURÍDICA DAS MONTAÑAS DA LIMIA-XURÉS-CELANOVA na seguinte ligazón: FONDO PARA A DEFENSA XURÍDICA DAS MONTAÑAS DA LIMIA-XURÉS-CELANOVAen migranodearena.org -> https://bit.ly/3KBV0je