Manuel Baltar: “Con Fernando Taboada apostamos polo novo Beade”

  • O presidente provincial mantivo un encontro co candidato do PPdeOU en Beade: “É un excelente candidato; e o equipo que vai conformar e os proxectos que xa ten na súa cabeza e que constituirán o seu programa electoral serán o mellor aval para o futuro deste concello”
  • “Agradecemos o traballo realizado por Senén Pousa durante todo este tempo e a súa experiencia de xestión”, sinala Manuel Baltar, “e o PPdeOU aposta por un novo Beade: un novo rumbo e outra forma de entender a política coa participación, a transparencia, as gañas, a ilusión e o compromiso co pobo por riba de calquera outra circunstancia”
  • Fernando Taboada reivindica que “presentamos está candidatura con xente de Beade que vive en Beade e que teñen fillos: entre todos queremos facer do noso concello un lugar aínda máis ideal para vivir”

4, marzo, 2023. O presidente provincial do PPdeOU, Manuel Baltar, mantivo un encontro co candidato popular en Beade nas vindeiras eleccións municipais do 28 de maio, Fernando Taboada, que substituirá ao fronte da lista do Partido Popular neste concello a Senén Pousa. 

“Fernando Taboada é un excelente candidato: o equipo que vai a conformar, e os proxectos que xa ten na súa cabeza e que constituirán o seu programa electoral serán o mellor aval para o futuro de Beade”, destaca o presidente provincial. 

AVANTAR ACTIVIDADES

“Un Beade”, explica Manuel Baltar, “para o que PPdeOU traballa para acadar a máxima participación, sumando na elaboración dun criterio provincial e autonómico e levando a voz da veciñanza ás institucións das que formamos parte”. 

“Agradecemos o traballo realizado por Senén Pousa durante todo este tempo, a súa experiencia de xestión”, sinala o presidente do PPdeOU, “e o Partido Popular aposta por un novo Beade, un novo rumbo, outra forma de entender a política coa participación, a transparencia e, por suposto, as gañas, a ilusión e o compromiso co pobo por riba de calquera outra circunstancia”. 

Pola súa banda, Fernando Taboada reivindica que “presentamos está candidatura con xente de Beade que vive en Beade e que teñen fillos: entre todos queremos facer do noso concello un lugar aínda máis ideal para vivir”. 

“Vivimos nun concello fermoso e queremos dinamizalo, aproveitando todas as posibilidades que nos ofrece”, remarca o candidato do PPdeOU nas eleccións municipais do 28 de maio en Beade.

Biografía de Fernando Taboada

Fernando Taboada ten 49 anos e vive en Beade. “Estou casado e somos familia numerosa”, sinala o candidato do PPdeOU. Licenciado en Maxisterio, traballa no Obradoiro de Emprego do Ribeiro dando clases de Básicas.