Clio Trophy Galicia

Renault Group España, Recalvi, Rede Renault de Galicia, a Federación Galega de Automobilismo (FGA), Michelin e Driveland Events, acordaron lanzar para esta tempada 2023 o Clio Trophy Galicia, unha fórmula monomarca que devolve ao Campionato Galego de Rallyes a unha firma con profundas relacións na autonomía.

Renault, que xa foi protagonista do certame rexional galego durante os anos 80, 90 e principios dos 2000 implementará nos rallyes autonómicos unha competición cos xa contrastados e competitivos Renault Clio Rally5, que xa se puideron ver nas copas nacionais con importantes resultados.

AVANTAR ACTIVIDADES

Coa chegada do Clio Trophy Galicia, o certame autonómico non só gaña en competitividade, tamén o fai en igualdade mecánica e deportiva, tal e como se puido ver a nivel nacional e como non, na versión canaria deste formato.

Para esta tempada 2023 serán cinco as probas puntuables para a primeira edición do Clio Trophy Galicia (Cocido, Sur do Condado, Ferrol, Ourense-Ribeira Sacra e San Froilán), cun claro propósito de conter os custos dos participantes e repartir de maneira equitativa o calendario entre as catro provincias.

Case 40.000 euros en premios

O montante económico da primeira edición do Clio Trophy Galicia ascenderá a un total de 28.750 euros en premios, que se repartirán entre os cinco primeiros clasificados aos mandos dos Renault Clio Rally5 que porten pneumáticos Michelin.

Ademais, os pilotos galegos que desexen participar no Clio Trophy Galicia non deberán abonar dereitos de inscrición no formato monomarca.

Os premios por carreira repartiranse da seguinte forma:

1.            2.500 €

2.            1.500 €

3.            1.000 €

4.               500 €

5.               250 €

Total: 5,750 € X 5 Rallyes : 28.750 €

O premio final para o gañador da primeira edición do Clio Trophy Galicia será unha axuda económica de 5.000 euros para un proxecto no Clio Trophy Spain en calquera das súas variantes.

O mellor participante da categoría júnior recibirá unha axuda económica de 3.000 euros para participar en 2024 nunha carreira sobre xeo dentro do certame da firma que se celebra en Andorra.

Calendario 2023

  1. Rallye do Cocido (Pontevedra)
  2. Rallye Sur do Condado (Pontevedra)
  3. Rallye de Ferrol (A Coruña)
  4. Rallye Ourense-Ribeira Sacra (Ourense)
  5. Rallye San Froilán (Lugo)