Comunicado do Bng de Castrelo de Miño

O ilexítimo alcalde pretende facer un mitin do PP con cartos do concello.
Dende o BNG vemos con grande estupefacción que se pretende facer unha festa do maior en Castrelo de Miño o domingo 14 de maio, xusto 15 días antes das eleccións municipais.
O pasado 16 de febreiro, na xunta de goberno local de Castrelo de Miño,
o ilexítimo goberno baralla a posibilidade da celebración da Festa do
Maior o domingo 14 de maio.
Achégase imaxe:


Dende a Xunta Electoral Central, poden dar o visto bo ou non, e poderana
pasar ao 14 de maio, pero no BNG sabemos que esta festa en plenas
elección municipais son un acto político de propaganda do PP, e o que é
peor… 8 mil euros pagados por todos os veciños de Castrelo de Miño!
Poderá ser legal, pero non ético! O Sr. Pazos segue coas trampas para
consolidarse no goberno de Castrelo de Miño.

AVANTAR ACTIVIDADES