A Xunta colabora na ampliación da Unidade de Atención Temperá da Mancomunidade do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá a Unidade Atención Temperá da Mancomunidade de Concellos da Comarca do Carballiño. Nela estanse a levar a cabo unhas obras de ampliación contando ca financiación da Xunta de Galicia, con máis de 300.000 euros, obras moi necesaria dado o volume de solicitudes recibidas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Mancomunidade e alcalde do Irixo agradeceu o apoio da Xunta neste proxecto, ó que ademais se uniron concellos como Maside e Beariz e que atende a máis de cen nenos e conta con lista de espera.

O delegado da Xunta destacou que no ano 2009, so había en Galicia dúas Unidades de Atención Temperá, que se ampliaron na actualidade ata as 40 en toda a comunidade.

Unha das traballadoras, Nuria Pérez, destacou esta ampliación como algo necesario para seguir desenvolvendo o seu traballo cos máis pequenos, e colaborar cos pais ofrecendo o seu apoio.