“O que esconde”, curtametraxe producida por un grupo de alumnas do CIFP A Farixa estrearase nas redes o 8 de marzo

A videocreación estará disponible nas principais plataformas e redes de difusión gratuíta a partir das 00:00h do 8 de marzo

  • A produción é un proxecto de escola enmarcado no ciclo de Produción de Audiovisuais e Espectáculos.
  • Participan na produción profesionais externos como o operador de cámara Manuel Fieiro.
  • A produción conta coa colaboración de empresas e entidades como Aguas del Paraño, A Imprenta, Sojer Sports, Café Central, Café Alameda  o El Centro Cívido de A Ponte, entre outros.
  • A curtametraxe poderá versea partir de LAS 00:01 do mercores 8 de marzo no seguinte enlace: O que esconde/https://youtu.be/PpMwFK-s7CM

Unha curtametraxe producida no marco das tarefas prácticas do ciclo de Producción de Audiovisuais e espectáculos do CIFP A Farixa de Ourense será estreada o vindeiro mércores 8 de marzo coincido coa celebración do día Internacional da Muller.

AVANTAR ACTIVIDADES

A produción, ainda que modesta en recursos, conseguíu xuntar en semanas pasadas o traballo voluntario de máis de medio cento de persoas voluntarias, que desfilaron diante das cámaras dun equipo técnico formado por alumnas e profesionais colaboradores externos.

Segundo Estela Fieiro, directora e productora da curtametraxe, “a idea foi sempre a de facer unha produción humilde pero honesta, que tomara como punto de partida falar do que tantas veces non se vé pero que está aí”.

A curtametraxe, dunha duración de 2 minutos, é, segundo a directora “unha reflexión audiovisual a xeito de poema visual, no que a música ten un papel fundamental á hora de crear atmósfera”.

A encargada da banda sonora foi a compositora ourensana María Mendoza, que “realizou un traballo a propósito para a esta producción”.

A curtametraxe, ainda que nace como un proxecto de aula, é ademais a primeira incursión profesional do seu equipo de productoras, formado pola propia directora e as alumnas Paula Cambeiro e Elizabeth Barreiro, mais segundo destacan “vai máis alá ao implicar a colaboración de profesionais externos sen o que o traballo non sería posible e que nos permitirán acadar o mellor resultado posible.

Implicación da cidade

Froito do traballo de produción desenvolvido polo equipo de alumnas, son moitas as empresas e insitucións que aportaron para facer posible “O que esconde”. Ata o momento, empresas como o Cafe Central, Aimprenta e entidades como O Centro Cívico A Ponte ou o propio CIFP A Farixa.