Fernando Redondo será candidato á alcaldía de San Amaro polo Partido Popular

Comeza a carreira para as eleccións municipais do 28 de maio. Algúns candidatos dos concellos da comarca xa anunciaron a súa postulación. Hoxe, falamos tamén co actual alcalde de San Amaro, Fernando Rodríguez Redondo. El tamén confirmou que será candidato á alcaldía polo Partido Popular buscando a maioría para poder gobernar.

Recordamos ademais, que Redondo xa foi alcalde e perdeu este posto nas últimas eleccións a causa do pacto entre o PSOE e Xuntos por San Amaro. A coalición púxose en risco por disputas internas e o Partido Popular recuperaba o goberno o 25 de outubro de 2021.

AVANTAR ACTIVIDADES