Mañá xoves, a corporación do Carballiño reúnese en sesión plenaria

A Corporación do concello do Carballiño reúnese de novo este vindeiro xoves en sesión plenaria. Poderán seguila como sempre, en directo, a través da nosa canle.

Entre os puntos da orde do día atópase unha moción do BNG enfocada en impulsar medidas encamiñadas a defender os dereitos das mulleres e promover a igualdade.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por parte de Espazo Común irán dúas mocións: a recuperación do Carrás e o seu entorno e que se recupere o control do servizo de recollida do lixo.

Por parte do Partido Popular, debaterán a situación do proxecto de ampliación do balneario.