Gabriel Alén destaca o traballo da Xunta no fomento da igualdade de xénero, o rexeitamento de calquera forma de violencia e na formación dixital das mulleres para o progreso da sociedade

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Esta mañá, en Pereiro de Aguiar nos actos organizados polo CIM Padre Feijóo, co gallo do Día Internacional da Muller

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO
  • O delegado territorial da Xunta subliñou que “o dereito á igualdade de trato e á non discriminación e o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes son esenciais para construír unha sociedade xusta, social e economicamente desenvolvida”
  • No acto, desenvolvido baixo o lema ‘Por un mundo dixital inclusivo: Innovación e tecnoloxía para a igualdade de xénero’, participaron os alcaldes de Pereiro de Aguiar, Parada do Sil, Paderne de Allariz, Nogueira de Ramuín, Esgos e A Teixeira
  • Gabriel Alén manifestou tamén que a conciliación entre a vida persoal, familiar e laboral e a corresponsabilidade no ámbito doméstico e familiar constitúen uns dos grandes retos do século XXI

Ourense, 08 de marzo de 2023. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá no Casa do Concello de Pereiro de Aguiar nos actos organizados polo CIM Padre Feijóo, co gallo do Día Internacional da Muller, que este ano se desenvolve baixo o lema ‘Por un mundo dixital inclusivo: Innovación e tecnoloxía para a igualdade de xénero’.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, acompañado do alcalde, Luís Menor, e dos rexedores dos concellos adheridos aos servizos deste Centro de Información á Muller, Parada do Sil, Paderne de Allariz, Nogueira de Ramuín, Esgos e A Teixeira, subliñou que “o dereito á igualdade de trato e á non discriminación e o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes son esenciais para construír unha sociedade xusta, social e economicamente desenvolvida”.

Gabriel Alén destacou que “a Xunta está a traballar decididamente no fomento da igualdade de xénero e o rexeitamento máis absoluto de calquera forma de violencia, e na formación dixital das mulleres para que a innovación e a tecnoloxía non supoña un freo ó avance económico e social da nosa sociedade”. Así, a conciliación entre a vida persoal, familiar e laboral e a corresponsabilidade no ámbito doméstico e familiar constitúen uns dos grandes retos do século XXI.

“Estamos a vivir –lembrou Gabriel Alén-un momento social no que é preciso traballar activamente a través da perspectiva de xénero para rexeitar calquera forma de discriminación e violencia, que nos leve a una sociedade igualitaria, na que todas e todos teñamos as mesmas oportunidades, e as mesmas obrigas, xa que só así seremos considerados como verdadeiramente iguais”; e concluíu o delegado territorial, “o Goberno galego continuará traballando para fomentar a creación de postos de traballo para mulleres, favorecer o emprendemento, avanzar cara a unha presenza equilibrada de mulleres en postos directivos e de responsabilidade conforme aos principios de mérito e capacidade, e para reducir as desigualdades que aínda existen entre mulleres e homes nos distintos sectores e niveis da economía e da sociedade, facendo especial fincapé nas desigualdades salariais así como nas que afectan as mulleres da contorna rural”.

Ao acto asistiron veciños e veciñas do concello e a súa contorna e representantes de distintos colectivos profesionais e sociais así como de membros das corporacións municipais dos cinco concellos que compartes os servizos do CIM Padre Feijóo.