O Centro Comercial Aberto organiza a Feira do Stock este venres, sábado e domingo

O Centro Comercial Aberto do Carballiño organiza para esta fin de semana unha nova edición da xa tradicional Feira do Stock, ca finalidade de rematar a tempada con grandes descontos en todo tipo de produtos. 16 establecementos estarán dende o venres pola tarde ata o domingo na Praza Maior e outros moitos con ofertas no propio comercio.

A apertura de portas levarase a cabo o venres 10 ás 17:00h e pechará ás 21:00h. Continuará sábado 11 e domingo 12 en horario de 11:00h a 14:00h e de 16:30 a 21:00.

AVANTAR ACTIVIDADES

Para os máis pequenos da casa haberá tamén actividades de animación, o sábado e o domingo pola tarde. As actividades correrán a cargo de Tempo Libre Máxico, do Carballiño.

A pesar das posibilidades de choiva, dende o CCA animan a todos a darse unha volta pola carpa instalada na Praza, e desfrutar apoiando ó comercio local.