O grupo socialista demanda á Xunta actuacións para garantir a igualdade no ámbito laboral e diminuír a fenda salarial

Carmen Rodríguez Dacosta alerta de que as mulleres galegas cobran case 5.000 euros menos ao ano e reclama medidas no ámbito da formación e da conciliación

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2023. A deputada do grupo socialista Carmen Rodríguez Dacosta reclamou ao goberno galego que actúe para garantir a igualdade entre mulleres e homes no ámbito laboral, reclamando que se leven a cabo medidas para a plena inserción laboral en igualdade de oportunidades, posibilitando a formación e a conciliación, así como crear un Observatorio de seguimento das medidas de emprego.

AVANTAR ACTIVIDADES

Con motivo da conmemoración do día da muller, a deputada socialista preguntou este mércores no pleno do Parlamento á conselleira de Emprego, María Jesús Lorenzana, sobre as actuacións do seu goberno no relativo ás desigualdades que sofren as mulleres, con especial interese en solucionar a brecha de xénero que sofren en tódolos ámbitos da economía galega.

A socialista expuxo algúns datos sobre a situación desigual da muller no ámbito económico e laboral presentes nun informe de UXT do pasado mes de febreiro. Algúns dos datos máis destacables son dos de que a fenda salarial está nun 19,1% en Galicia, o que significa que as traballadoras galegas cobran de media case 5.000 euros menos ao ano, dato que aumenta no sector privado chegando ao 30% e incluso un 34% nas pensións de xubilación.

Tamén comparou a situación coa doutras comunidades autónomas, sendo que Galicia é a quinta na que as mulleres reciben unha menor retribución por hora de traballo o salario medio dun 9% inferior á media do Estado.

Dacosta denunciou que esta fenda débese ao “modelo de contratación que soportan as mulleres”, cunha maior parcialidade “imposta”, e a carreiras profesionais menos estables por ter que facerse cargo dos coidados de fillos e familiares. Alegou que a consecuencia última desta situación é que haxa máis mulleres en risco de pobreza ou exclusión social.

Para reverter esta situación os socialistas levaron ao Parlamento diversas medidas que recibiron o voto negativo do PP, como a de reimplantar as que estaban vixentes cando gobernaba Emilio Pérez Touriño ou crear un Observatorio de seguimento das medidas de emprego que persigan acadar a igualdade entre homes e mulleres, organismo que reclamou de novo.

Ademais, resaltou que o goberno de España aumentou considerable o SMI que cobran maioritariamente as mulleres, en especial na comunidade autónoma galega, e recibiu as críticas da conselleira de Emprego da Xunta, María Jesus Lorenzana.