Hoxe, Ruta das Tapas adicada á empanada en 13 locais do Carballiño

Hoxe venres será de novo venres de tapas no Carballiño. Serán de novo 13 locais de hostalaría os que participan na iniciativa o primeiro e segundo venres de mes, neste caso adicada ás empanadas.

Como en cada ocasión, poderán desfrutarse dende as 20:00 horas ata as 23:00 horas e cun custe de 2,5 euros por tapa.

AVANTAR ACTIVIDADES

O concelleiro de turismo, Manuel Dacal, recordou que os premios desta edición serán de 1+14 amigos, desfrutando de experiencias gastronómicas cos tres colaboradores: Pazo Tizón, Estrella Galicia e a Asociación de Pulpeiros.

Os hostaleiros están satisfeitos con esta iniciativa, que cada venres atrae a máis xente ata a vila. A continuación amosámoslles cada unha das tapas que poderán degustar este venres.