O Carballiño: A rúa Curros Enriquez nos anos 60. Comercios e profesionales ( 2 )

Serán posibles as publicacións sobre o Carballiño dos anos 60, porque Santiago Cacho Rodríguez accede a darnos o consentimento para utilizar o seu blog:

O CARBALLIÑO, CALLEJERO AÑOS 60 (asruasdocarballino.blogspot.com)

AVANTAR ACTIVIDADES

Con este blog, Cacho tratou de lembrar e homenaxear aos comerciantes e profesionais que, coas súas respectivas actividades, contribuíron a manter viva a vila, na época da existencia da última rondalla da vila carballiñesa, e do grupo de música pop – rock “Los Poker”

Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o seu nome de arquivo é Santiago-Cacho-callejero-2.jpg

Este grupo de mozos, moitos deles alumnos de Don Juan Corral, amenizaron os entroidos dos anos sesenta cos seus desfiles e actuacións durante tres anos. 

A crónica da curta existencia de ambas formacións queda contida no blog:

https://pulpopokers.blogspot.com/2019/08/lospoker.html

Os documentos escritos que Cacho inclúe no seu blog “Carballiño. Callejero años 60” proceden da prensa da época (Faro de Vigo e La Región), da revista “Ambiente” e, sobre todo, das actas de xuntas municipais e plenos e dos programas de festas de San Cibrao.

A maioría dos antigos documentos gráficos empregados no citado blog proceden da publicación de Miguel Anxo Fernández: “Vellas Historias Vellas Fotografías 1870 – 1970” (1992). Tamén se utilizaron fotos do álbum de Xosé Manoel Rodríguez González (Pichi): “O Carballiño 1869-1979 Álbum Fotográfico da Vila do Arenteiro” (2010), de José Luis Diz: “Xentes do Carballiño 1890 – 1990” (2016) , de “Potiños”: “O Carballiño, Industria e Comercio – 1925-1995″ (2019), cuxa selección e recopilación fotográfica foi feita por José Luis Diz Rodríguez e Manuel Blanco Guerra ” Celta “, e algunha achega de Moncho Fuentes.

A parte das fotografías propias do redactor, importante foi a achega de fotografías dos familiares dos comerciantes e profesionais citados.

BADAL NOVAS

Da grazas por poder dispor do dito blog e publicalo no noso medio, traducindo ao galego as notas e comentarios que aparecen en castelán no blog orixinal, completando ca nosa propia información sobre os profesionais e comerciantes e engadindo as novas fotos que achegaron os seus familiares. Agradecemos as fotos de MONCHO FUENTES e, sobre todo, as aportadas polo profesor do IES Nº1 JUAN VALCÁRCEL OBELLEIRO e o grupo de alumnos do curso 1991-92 ( Jaime Pérez, Patricia Paniagua, Mª José Vázquez, Encarna Rodríguez e Susana Rey ) que cursando a asignatura de Deseño fixeron un traballo sobre o urbanismo do Carballiño.


Rúa CURROS ENRIQUEZ ( antiguamente Rúa General Mola )

Esta rúa era antigamente a prolongación da rúa Bugallal, e máis recentemente érao tamén de José Antonio (hoxe Rosalía de Castro). A rúa constituía, ao final do seu percorrido, a arteria principal de barrio de San Ramón, cuxa festa se celebraba o 31 de agosto.

Zona do Asilo
Rúa Curros Enriquez vista desde os Catro Camiños

Manuel Curros Enríquez, natural de Celanova, foi un poeta, representante do período histórico-literario chamado Rexurdimento na literatura galega. A súa obra caracterízase polo seu profundo contido social. Wikipedia

Curros Enriquez

Emilio Mola Vidal foi un militar español de orixe cubana que desempeñou un papel importante durante a ditadura de Primo de Rivera e a Segunda República. Foi tamén o líder do golpe de Estado de 1936 que, tras o seu fracaso inicial, deu orixe á Guerra Civil. Wikipedia

Emilio Mola

COMERCIOS, EDIFICACIÓNS, PROFESIONAIS…

RUEIRO

MUEBLES SANTA LUCÍA

Ademais dos mobles tradicionais, o almacén incluía os cadaleitos da Funeraria. Xestionaba o negocio o matrimonio formado por ANTONIO ÁLVAREZ RODRÍGUEZ e FLORENCIA GUNDÍN ÁLVAREZ.

Antonio traballaba en Ourense na compañia de seguros Santa Lucia. Quen realmente se ocupaba da mueblería era a súa esposa Florencia Gundín.

Dicen que os habitantes da cidade onde vivia o filosofo Kant poñian os reloxos en hora cando este sai a pasear as 5 da tarde. De Antonio podemos decir que tamén tiña a virtude da regularidade xa que saia e volvia de Ourense as mesmas horas de xeito invariable.

Florencia Gundín – Antonio Álvarez

Ademais dos mobles, o matrimonio Álvarez-Gundín tiña a representación de seguros Santa Lucía e da súa funeraria.

Permiso para rótulo publicitario. 1960

Durante un tempo, ocuparon o baixo da casa do número 5 da rúa Cerca para almacén de cadaleitos.

El Ayuntamiento deniega la representación exclusiva de carruaje fúnebre. 1966

Os seus dous fillos maiores ( Pepe e Milín ) formaron parte do grupo que creou a rondalla dos Poker.


SASTRERÍA “CORTE PARÍS”

O xastre INOCENCIO AMIL GARCÍA instalou o seu taller no primeiro piso do número 21. No baixo estaban os ” Muebles Santa Lucia “

O contrato de aluguer firmouse o 4 de abril de 1961. O propietario de toda a casa era D José Fernández Sobrino ( Redondo ) e o prezo foi de 1000 pesetas ( prezo elevado naquela época)

Inocencio e Nemesia Otero ( a súa esposa ) atenderon a sastrería ata a data de xubilación.

Permiso para letrero. 1961
Inocencio Amil cunha empregada da sastrería
Nemesia Otero a dereita
Inocencio e Nemesia cos seus fillos Mercedes, Manuel e Inmaculada
Inocencio Amil pouco antes da xubilación

PANADERÍA ELVIRA

Figuraba como titular ALFONSO GONZÁLEZ PUGA, pero era a súa muller ELVIRA PÉREZ PÉREZ a que levaba a carga do negocio.

O matrimonio tivo dous fillos: ALFONSO e ANTONIO.

A un momento dado, tiveron a desafortunada idea de instalar o forno dentro da vivenda, nunha estancia que daba ao canellón da leira.

Permiso para instalar el horno en el interior de la vivienda. 1963

Pero, finalmente, corrixiron o erro e construíron unha nave para tal fin nunha parcela da leira, á que se accedía polo canellón

La señora Elvira a la puerta del horno.

Foi o fillo maior, ALFONSO e a súa esposa MARGARITA GÓMEZ, quen proseguiu co negocio

NOTA DE SANTIAGO CACHO: “ Por razones de proximidad (el Callejón de la Cerca separaba la propiedad de mis abuelos de la de Elvira), era en esta panadería donde cogía mi familia el pan. También por amistad. Jugué con Alfonso en su finca infinidad de veces. Recuerdo que en el hangar que servía de leñero, de techo relativamente alto, construimos para jugar una cabaña con “casqueiros”, a la que accedíamos con una escalera de mano.


PIENSOS FREIJEDO-ALEMPARTE

A rúa General Mola co edificio recién construido

Como era habitual na época, o negocio figuraba a nome do marido: ALFREDO FREIJEDO FERNÁNDEZ.

Parte trasera del almacén, Plaza del Maíz 

Pero todo o pobo coñecía o almacén polo nome da súa esposa MARTINA ALEMPARTE, familiarmente coñecida como “A MARTINA”.

A rúa General Mola, antes de que se construíse o novo edificio

NOTARÍA J.L.G VALCÁRCEL

Don JOSÉ LUIS GARCÍA VALCÁRCEL vivía e tiña notaríaa no chalé que Cesáreo Sobrino posuía na avenida de Julio Rodríguez Soto.

Logo instalouse no segundo piso de 23 de General Mola.

No 2º piso estaba a Notaría de J.L.G Valcarcel

NOTA DE SANTIAGO CACHO: ” Sus dos hijos, LUIS ARTURO y JAVIER participaron desde el primer momento en la formación de la rondalla de Los Poker. Contaron con el apoyo incondicional de su padre, quien permitió que realizásemos en su piso los primeros ensayos y, a su vez, ayudó a resolver algún que otro problema del grupo.

El conjunto “Los Poker” en casa del señor notario

En 1965, don Luís trasládase e substitúeo o novo notario, don ROBERTO VELASCO ALONSO.


ALMACÉN FRUTERÍA BÓVEDA

Permiso para instalar máquinas expendedoras. 1965

CAJA DE AHORROS PROVINCIAL DE ORENSE

A Caixa de Aforros Provincial de Ourense instalou a súa sucursal de Carballiño neste edificio recentemente construído.

En 1962, sendo director da entidade don CAMILO NOVOA, a sede trasládase á Praza da Alameda


MÉDICO don FRANCISCO ARCOS

Don FRANCISCO ARCOS PÉREZ foi nomeado médico titular do Carballiño en 1961. Don Francisco estaba casado con PAQUITA LAGE. O matrimonio tivo 6 fillos: Enrique “Quique”, Ana, Rafa, Paco, José Luis “ Pilís” e María Jesús “Chus”.

Permiso para rótulo. 1959
Nombramiento oficial, 1961

Dous dos seus fillos fixeron tamén medicina. O maior, Quique, exerceu en Pamplona, onde chegou a desempeñar un alto cargo. Paco, forense e médico de familia, exerceu en Carballiño.


PANIAGUA, BEBIDAS y LICORES

BEBIDAS y LICORES PANIAGUA é, sen dúbida, a empresa familiar máis antiga de Carballiño, que iniciou a súa andaina no pobo de Porto de Eguas, cara a 1880.

JOSÉ PANIAGUA PUGA, patriarca dunha familia moi numerosa, trasladouse a Carballiño e instalouse no 26 de General Mola (entón 46, José Antonio)

 En 1962, ampliou as suas instalacións.

Solicitud para construir un almacén a la altura del 
número 44 de General Mola. Abril, 1962
Permiso para construir. Mayo 1962

Permiso para ampliación. Octubre 1962

A sede da empresa permaneceu en xeral Mola ata o seu traslado á Uceira

El nuevo edificio en General Mola (Curros Enríquez)
Novas instalacións no Poligono da Uceira

ELECTRICIDAD JESÚS RODRÍGUEZ

Ao instalarse na planta baixa deste edificio, propiedade da familia Novoa, JESÚS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ procedeu a facer as refórmas pertinentes.

Permiso para hacer escaparate. 1960

Faro de Vigo, 1961
Permiso para pancarta. 1961
Permiso para toldo.1961
Faro de Vigo, 1964

En 1965, a familia Piñeiro decide agrandar o edificio da súa propiedade sito neste número. A construción corre a cargo de Janeiro.

Permiso de obra. 1965

Unha vez terminadas as obras, JESÚS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ abandonou o baixo dos Novoa no número 33 e mudouse para o 27.

Permiso para ampliar negocio. 1966

TAXI JULIO MARQUÉS

O coñecido taxista JULIO MARQUÉS PÉREZ, casado con María Domínguez. O matrimonio tivo dous fillos: Mari Paz e Julito, amigo ao que agradezo os datos complementarios que me facilitou sobre esta rúa. ( Nota de Santiago Cacho )

Cambio de vehículo. 1961

FONTANERÍA VILLAR

Antes de instalarse no baixo desta casa, propiedade de “Pachó”, José Villar, casado con Olga Martín Cabo, tiña o taller nun dos alpendres que o señor Redondo posuía na Praza do Millo (Praza do Emigrante).


IMPRENTA PEREIRA

Anteriormente neste local, tivo FELIPE GALLEGO a súa imprenta.

En 1963, colleu o traspaso da imprenta FRANCISCO GONZÁLEZ PEREIRA

Imprenta Pereira, permiso para rótulo, 1963

BAR IRIJO

O edificio primitivo era propiedade da familia Sieiro.

Permiso de obra. 1963

Na planta baixa do mesmo, atopábase o bar “Irijo” cuxo propietario era AQUILINO LOIS OTERO.


BAR ARENTEIRO

Posteriormente, adquiriu o traspaso HORACIO RODRÍGUEZ LORENZO e abriu co nome de “Bar Arenteiro”.

Permiso de letrero. 1966


VINOS y FERTILIZANTES PEREIRA

Os irmáns PEREIRA, PEPE e VÍCTOR, ademais do almacén de viños tiñan a representación de fertilizantes CROS


AUTOESCUELA ORENSANA

Ao quedar baleiro o local que ocupaba Jesús Rodríguez, instalouse nel a autoescola “La Orensana”.

O xerente da sucursal en Carballiño era ANTONIO TORRES, “ TOÑITO”, oriúndo de Dacón.

Toñito Torres con sus suegros, su esposa e hijas

Toñito tiña tamén un autobús para viaxes discrecionales a feiras e festas da contorna.


DESPACHO ABOGADO DON CAMILO NOVOA GONZÁLEZ

Don CAMILO NOVOA, ademais de atender o despacho no seu domicilio, era o director da sucursal da Caixa de Aforros. Neste edificio tiña despacho e vivenda.

Don Camilo foi ademais alcalde do Carballiño entre os anos 1949 e 1954, sendo tamén deputado provincial.

Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o seu nome de arquivo é CurrosEnriquz.JPG
D Camilo Novoa
D Camilo Novoa

GODÁS, IMPRENTA

Os irmáns Godás, Ramón e Benito, iniciaron o negocio.

Os seus fillos proseguiron a tradición familiar e mantiveron activo o negocio de gráficas e fotografía durante un tempo. De neno, cando baixaba ao Grupo ou volvía da escola, lembro entrar a curiosear, cando a porta da tenda estaba aberta.(Nota de Santiago Cacho )

Revista Ambiente, 1952


FUNERARIA LA FE

Ao pechar Os Godás, o baixo foi ocupado pola funeraria LA FE.

Permiso de obras para la instalación. 1958

Xestionan esta sucursal da funeraria de Ourense, Salvador Rodríguez Fernández e Francisco González Pereira, que abriu pola súa conta un depósito de portas na avenida de Compostela.

Permiso para traslado e instalación de rótulo. 1958

ULTRAMARINOS AMADOR

Ao pechar Os Godás, o baixo foi ocupado pola funeraria A FE e, posteriormente, por AMADOR FERNÁNDEZ que abriu un ultramarinos, onde se podía adquirir todos os días pan de Cea fresco.


CALZADOS HERMIDA

O deixar de traballar para Andrés Piteira como cortador, NEMESIO HERMIDA ÁLVAREZ ponse pola súa conta e abre este comercio de calzado, secundado pola súa esposa DOLORES ADÁ GONZÁLEZ. O matrimonio tivo dous fillos: Michel e Conchita.

Permiso de obra para instalación, 1962

Permiso para rótulo. 1963
Permiso para Toldo. 1966

BAR GARABÁS

Permiso para pozo. 1957

O bar e casa de comidas pertencía a INOCENCIO QUINTELA ÁLVAREZ e a súa esposa CARMEN ÁLVAREZ. O matrimonio tivo unha filla: AVELINA

Permiso para reformas. 1959

QUESERÍA, JAMONERÍA “CARLÓN”.

Reproducimos a crónica dun suceso que relata Santiago Cacho no seu blog

Nunca podré olvidar esa quesería. Forma parte de mi vida.

            Aquel domingo de invierno de 1952 estrené abrigo. Un abrigo precioso que me hizo mi hermana mayor Lola, costurera – lo de modista, vino después.

            Los niños, entonces, andábamos sueltos por el pueblo sin problemas. Así, con mis ocho años, fui solito a misa en la Iglesia Vieja. Luego pasé a saludar a mis tías, As Lebre y a continuación me puse a jugar con todos los peques del barrio en la esplanada de la iglesia Nueva.

            Entre juego y juego, alguien me agarró del abrigo y me hizo un siete. Uno de los botones quedó colgando.

            Al llegar a comer, no pude ocultar el estropicio. Al verlo, mi hermana se enfureció y me echó de casa sin contemplaciones, por desagradecido.

            Apenado, recorrí un montón de veces General Mola de arriba abajo y de abajo arriba. La calle estaba desierta. era la hora de comer y hacía más bien frío.

            Los Carlones tenían el secadero de jamones y quesos en la planta baja. Las ventanas estaban enrejadas, pero sin cristales. Aquel día, tenían las contraventanas abiertas para que secase una partida de quesos del tamaño del camembert, colocados encima de tarimas arrimadas a las ventanas.

            Mi padre solía merendar queso con membrillo. Yo prefería el bocadillo de chorizo. Pero esta vez, cada vez que pasaba por delante de aquellas ventanas, se me iban los ojos. No me atrevía a echarles mano, porque tenía miedo de que me viese robando Peregrina, la madre mis amigos, los gemelos Rivera.

            El hambre apretaba cada vez más. Llegó un momento en el que la atracción de los quesos fue irresistible. Así que metí la mano, me apoderé del ejemplar que más a mano tenía y salí corriendo hacia la iglesia para podérmelo comer tranquilamente en uno de sus porches.

            Desde entonces, soy un apasionado del queso, como mi padre, y adopté sin reservas el principio gastronómico francés: “Una comida sin queso es como un jardín sin flores”.


CORTADOR SANTOS

Aquí tiña o domicilio e o taller, o cortador CELSO SANTOS PAJARIÑO, casado con PALMIRA NOGUEROL. O matrimonio tivo unha filla PEPITA.

Permiso de ampliación de la casa.1964
Palmira con su empleado Manolo (hijo del señor Manuel, cortador)

Cando Celso faleceu, a súa esposa terminou abrindo un almacén de piensos.


ZAPATERO VALENTÍN, MERCERÍA BENITA.

Na casiña de planta baixa que compartían os irmáns FRANCISCO, BENITA a parte dianteira coa mercería. O seu irmán VALENTÍN tiña detrás o taller da zapateiro.


ALMACÉN PANIAGUA


AUTOBUSES RIVERA

A familia de CESÁREO RIVERA LORENZO e PEREGRINA PÉREZ era unha das máis coñecidas de Carballiño.

CESÁREO RIVERA LORENZO posuía un autobús de servizo discrecional para feiras e festas.

Facía tamén o roteiro de Santiago de Compostela unha vez á semana.

 El padre de Cesáreo, el SEÑOR SINDO, fue considerado, mientras vivió, como el capitán de los pulpeiros.

            Los hijos pequeños, los gemelos SINDO y SUSO, eran célebres por sus inauditas travesuras. Más de una compartí con ellos, siendo críos, en la “eira” que su abuelo Sindo tenía delante de su casa en Cuatro Caminos.

            Los mayores PEPE y CESÁREO, al que todos conocíamos por “ARITO”, eran unos excelentes jugadores de fútbol ( Nota de Santiago Cacho )

 Pero fue solo el mayor, Cesáreo, el que hizo carrera en el deporte, jugando en primera división en el Sevilla y en el Celta. Cuando Arito venía a Carballiño, a todos los críos del barrio nos encantaba jugar un partido con él en el patio del Asilo, entonces de “sábrego”


ASILO de ANCIANOS DESAMPARADOS

 La obra fue fruto de la generosidad de los HERMANOS PRIETO PEREIRA: ADELAIDA, SEVERINO, LEANDRO y JUAN Mª.

Al morir SEVERINO en 1909, el acaudalado emigrante cubano, deja su fortuna en beneficio del pueblo y sus hermanos, LEANDRO, magistrado, JUAN, religioso franciscano y ADELAIDA, contribuyen con sus propios bienes.

Esta magna obra vino a sustituir el asilo que Adelaida creó en 1901 en la casa natal de los Hermanos Prieto, sita en la plaza que hoy lleva su nombre y que se convirtió en colegio.

El proyecto del nuevo ASILO DE HERMANITAS DE ANCIANOS DESAMPARADOS se concibió en 1913, las obras comenzaron en 1915 y el edificio se inauguró en 1921.

 Durante años, el Asilo de Hermanitas de Ancianos Desamparados se mantuvo, principalmente, gracias a la generosidad del pueblo

Faro de Vigo, 1963
Partido de fútbol de Los Liborianos
en favor del Asilo. 1954

El Asilo era gratis para todos los asilados. Las subvenciones que la Orden recibía no eran nunca suficientes

Faro de Vigo, 1962

Como entonces no existían las pensiones de jubilación, periódicamente, se veía a las Monjitas ir de puerta en puerta solicitando la ayuda de la gente y de la corporación municipal.

Solicitud de ayuda, 1964

El consumo diario lo aseguraban los productos de su huerta y los animales que criaban los ancianos válidos.

Me parece estar viendo a aquel muchacho asilado, ya mayor y un poco “torpe”, que salía todos los días con un caldero a recoger los restos de las casas de comida y particulares para cebar los cerdos. Julito Marqués me recuerda que al muchacho en cuestión lo llamábamos “O Pingueno” y era natural de Astureses. 

 Lamento no acordarme de su nombre verdadero, a pesar de haberlo frecuentado mientras hice de monaguillo con el entonces capellán, Don Manuel Guerra y Guerra, al que tengo que agradecer que me preparase para poder pasar el examen de ingreso de bachillerato.

            También los bares reservaban los posos del café para que las hermanas preparasen el desayuno de los ancianitos.

Faro de Vigo, 1964

En 2001, La institución celebró el centenario  de la fundación del primer asilo por Adelaida Prieto con la presencia, entre otras autoridades, del entonces obispo de Ourense Carlos Osoro.

VIDEO CA CONFERENCIA DE FELIPE SENÉN CO MOTIVO DO CENTENARIO

VIDEO SOBRE O ASILO

 En 2020, a Congregación abandona a Institución. O Asilo convertiuse na Residencia dos Hermanos Prieto.

Misa de despedida das hermanitas Asilo Carballiño

Diario La Region 2020

RESIDENCIA de DON EVARISTO VAAMONDE

Neste edificio tiña residencia e despacho Don Evaristo. Posteriormente foi ( e sigue sendo ) a residencia de D manuel Fernández Rúas ( cura do Asilo )


PIENSOS LÓPEZ AROCAS

Os propietarios do edificio e do negocio era o matrimonio ÁNGEL LÓPEZ LOIS casado con ESPERANZA AROCAS VARANDA.

Revista Ambiente, 1954

Recogida de aguas exigida. 1966

Atendían o negocio JOSÉ LUIS LÓPEZ AROCAS, coñecido no pobo por “PICHI AROCAS” e a súa irmá ANGELITA.

“Pichi” e a súa esposa JULIA VÁZQUEZ, filla do dono do bar Emiliano, tiveron unha filla, Julia, como a súa nai e un fillo José Angel.


CORTADOR SEÑOR MANUEL

Permiso municipal, 1963

BARBERÍA MARTÍN “O OBISPO”

Nun principio, a barbaría dos irmáns RODRÍGUEZ MÁRQUEZ estivo situada no número 23 desta rúa, un edificio de planta baixa, en cuxo solar e no contiguo, construirían os Freijedo o edificio actual.

Un dos irmáns era coñecido familiarmete como “O Trol”, o outro, MARTÍN, coñecido como “O Bispo”.

Barbería do “Bispo”

Martín seguiu traballando como barbeiro no novo local.

situación actual

PULPEIRO SINDO RIVERA

GUMERSINDO RIVERA, “O señor SINDO”, pai de Cesáreo, era considerado como o capitán dos pulpeiros. A “ eira” que se atopaba diante da súa casa foi un de lugares de xogo do barrio.


BAR CUATRO CAMINOS

A porta do bar abríase polo chaflán da rúa General Mola e a Avenida da Estación, en cuxa rúa situamos as súas referencias.



AGRADECEMENTOS

En memoria dos membros da rondalla e do grupo de música “Los Poker” que faleceron e en nome dos vivos, a maioría con domicilio fóra das Terras do Orcellón, Cacho agradece a BADAL NOVAS a súa iniciativa para dar a coñecer a curta aventura daqueles mozos que viviron no Carballiño nos anos sesenta e lembrar aos seus coetáneos.

Santiago Cacho e Manuel Amil

BADAL NOVAS únese tamén ao agradecemento de Cacho por aqueles que coas súas publicacións de álbumes fotográficos facilitaron a redacción do seu blog e do que nos ocupa:

Pola nosa banda, BADAL NOVAS agradece as fotos e informacións achegadas polos familiares dos concidadáns citados no blog, os documentos gráficos facilitados por MONCHO FUENTES

Moncho Fuentes

e, sobre todo, os achegados polo traballo escolar sobre Carballiño, dirixido polo profesor JUAN VALCÁRCEL OBELLEIRO.

Grupo de Diseño ( 3º BUP Medición e Urbanismo ) do IES Nº1 . Profesor Juan Valcarcel



Se alguien quere colaborar con fotos ou documentos para enriquecer esta publicación, asi como correxir posibles erros pode facelo a través do mail info@badalnovas.com


Manuel Amil Otero. Decembro de 2022