O Centro Comercial Aberto do Carballiño organizou para esta fin de semana pasada unha nova edición da xa tradicional Feira do Stock, ca finalidade de rematar a tempada con grandes descontos en todo tipo de produtos. 16 establecementos estiveron dende o venres pola tarde ata o domingo na Praza Maior e outros moitos con ofertas no propio comercio.
Para os establecementos foi unha gran fin de semana de ventas. Todos coinciden ma importancia desta iniciativa para facerse máis visibles e conseguir liquidar a tempada, tanto os comerciantes como veciños e visitantes.
A pesar de que o tempo non acompañou na xornada do sábado, o domingo estivo moito máis apracible e foron moitos os que se animaron á apoiar ó comercio local. Agora, xa rematada, dende o CCA poñen en marcha a campaña no Día do Pai.