O’Potiños inaugura na casa do concello “Poti Expo 2022”

A asociación fotográfica O’Potiños presentou esta mañá unha nova colección que está exposta nas paredes do concello do Carballiño. Trátase de “Poti Expo 2022”, e consiste nunha compilación das mellores imaxes realizadas polo colectivo no pasado ano e ademais presenta unha gran variedade.

O colectivo está moi satisfeito co balance do pasado ano, no que ademais sumaron tres incorporacións de xente nova que da forma ó grupo integrado por 19 fotógrafos.

AVANTAR ACTIVIDADES

O concelleiro de Cultura, Diego Fernández, destacou a Potiños como un referente no eido fotográfico, e que presenta un traballo incansable cunha ampla oferta cultural e con actividades diversas.