Enrique Álvarez Barreiro encabezará a lista do Psdeg-Psoe á alcaldía de Vilamartín co obxectivo de continuar coa “transformación” e a “humanización” do municipio

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O actual alcalde sinala que se presenta a estas eleccións argumentando que Vilamartín “por fin empeza a coller velocidade e non quero desaproveitar este momento de proseguir traballando polo noso municipio e realizando obras clave para os nosos veciños”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Aposta por darlle “continuidade” o proxecto iniciado polos socialistas hai varias lexislaturas e destaca que dende a chegada do PSOE á alcaldía “pagamos a débeda municipal que era de 1,6 millóns”

Vilamartín de Valdeorras, 12 de marzo de 2023. O PSdeG-PSOE elixe a Enrique Álvarez Barreiro como candidato á alcaldía de Vilamartín de Valdeorras de cara as eleccións municipais que se celebrarán o vindeiro 28 de maio. O actual alcalde do municipio repite por cuarta vez como cabeza da lista socialista co obxectivo de continuar coa “transformación” e a “humanización” do concello a prol da veciñanza.

O actual rexedor municipal sinala que se presenta a estas eleccións argumentando que Vilamartín de Valdeorras “por fin empeza a coller velocidade e non quero desaproveitar este momento de proseguir traballando polo noso municipio e realizando obras clave para os nosos veciños”. Neste senso pon como exemplo a obra de acondicionamento da área recreativa do Bañadoiro que segundo afirma “converterase nun referente comarcal e provincial, atraendo visitantes o noso municipio”.

O candidato do PSdeG-PSOE aposta por darlle “continuidade” o proxecto iniciado polos socialistas hai varias lexislaturas e destaca que dende a chegada do PSOE á alcaldía “pagamos a débeda municipal que era de 1,6 millóns de euros e nos últimos dous exercicios conseguimos que as arcas municipais tivesen remanente de tesourería para poder acometer investimentos importantes para o municipio”.

Enrique Barreiro destaca que “unha vez pagada a débeda, é o momento de realizar eses investimentos tan necesarios para Vilamartín, polo que non podía desaproveitar a oportunidade que se me presentaba de traballar pór e para a veciñanza”. O candidato socialista tamén apunta que “temos unha liña no noso concello e queremos seguir traballando nese senso, cun equipo que conseguirá poñer a Vilamartín no mapa provincial”.

“O nosos obxectivo é agora conseguir a humanización da Praza de Vilamartín, que sexa un referente na nosa comarca e un lugar onde os veciños e as veciñas do municipio se sentan identificados”, apunta Barreiro. Por último, o actual alcalde tamén pon o foco na necesidade de “seguir traballando e pelexando día a día por solucionar os problemas reais da veciñanza e por escoitar as súas suxestións para poder dar respostas rápidas e eficaces”.