César Fernández: “Ribadavia é o concello máis fermoso de Galicia, pero necesita un goberno dinámico para aproveitar todos os seu potenciais”

  • O cabeza de lista popular en Ribadavia nas eleccións municipais do 28 de maio destaca no podcast en Primeira Persoa do PPdG a súa paixón polo “servizo público da política”, e remarca o seu compromiso con contribuír a desenvolver todos os potenciais da súa vila
  • Licenciado en Filosofía e docente, César Fernández sinala que “sempre me gustou a filosofía. Teño moita curiosidade, e creo que estudar esta carreira foi unha das mellores decisións da miña vida. Entendo a filosofía coma unha cuestión de posición vital, de ter a capacidade de análise aberta a diferentes perspectivas, algo que pode ser moi útil na política”
  • “O piar básico da miña vida é a familia: é unha absoluta prioridade, sempre que podo estou con eles”
  • “Do meu concello gústame todo. Para min, Ribadavia é o concello máis fermoso de Galicia con moitísima diferencia. E este xuízo está perfectamente fundamentado: patrimonio natural, patrimonio histórico, patrimonio arquitectónico, o viño, a gastronomía… Ribadavia é un concello cunhas condicións inmellorables”
  • “En Ribadavia boto en falta máis dinamismo pola parte política. Os recursos, o potencial endóxeno, está aí, vén de seu nesta vila. Pero o que fai falla é un goberno capaz de aproveitar ao 100% os recursos que a día de hoxe están infrautilizados e infravalorados, e que deberían aportar moito máis á realidade de Ribadavia”
  • “Gústame moitísimo a música -o meu grupo favorito é Nine Inch Nails-, a literatura -con autores como George Orwell- ou o cine a través de directores como Stanley Kubrick ou David Lynch”

UN NOVO FORMATO PARA COÑECER DE PRETO AOS CANDIDATOS

  • O podcast en Primeira Persoa é unha idea orixinal do Partido Popular de Galicia na que diferentes candidatos das provincias galegas teñen a oportunidade de ser entrevistados nun formato directo, dinámico, e adaptado ás novas formas de comunicación que ofrece o universo transmedia
  • A máxima coa que se plantexan estas entrevistas é que os veciños poidan coñecer á persoa que hai detrás do político e escoitar aos seus candidatos nun ton informal e próximo, mais aló de discursos políticos e ideoloxías

Estas son as redes onde está dispoñible o podcast en Primeira Persoa:

AVANTAR ACTIVIDADES

Facebookhttps://www.facebook.com/ppdegalicia

Twitterhttps://twitter.com/ppdegalicia

Instagramhttps://www.instagram.com/ppdegalicia

Youtubehttps://www.youtube.com/@ppdegalicia

iVooxhttps://www.ivoox.com/podcast-en-primeira-persoa_sq_f11835326_1.html