O centro sociocomunitario tivo un acto especial con Hermesinda e Adela

Dende o Centro Sociocomunitario do Carballiño amáis das actividades habituais do centro, neste mes de marzo, con motivo da conmemoración internacional do Día da Muller o 8 de marzo, non quixemos pasar por alto esta significativa data e ademáis de que o propio día tivemos un acto especial no que recoñecemos a historia de vida de dúas grandes mulleres, habituais no noso centro: Hermesinda Ríos e Adela Varela, teremos unha charla da Escola Galega de Saúde dirixida en particular ás mulleres: Muller e saúde , impartida por Cristina Ouro do hospital de Lugo, o martes 23 ás 16:30h.

E tamén e unha vez máis apostaremos polas actividades interxeracionais no centro, neste caso cun taller de autodefensa persoal para nais e crianzas que terá lugar nas dependencias do centro sociocomunitario o sábado 25 ás 16:30 e que estará neste caso dirixido por Lorena Gómez Cid, profesora de defensa persoal femenina e autoprotección ( colexiada n.º 1865), nivel I de de defensa persoal policial e cinturón negro.

AVANTAR ACTIVIDADES