O Cine Club proxecta o venres e o domingo o filme “Great freedom”

Esta fin de semana volvemos ter cine dous días, o venres e o domingo. Neste caso, o Cine Club proxectará a película austríaca “Great freedom”, dirixida por Sebastian Meisse e protagonizada por Franz Rogowski. A película cóntanos a historia real de Hans en tres momento da súa relación con Viktor, un asasino confeso. Unha orixinal historia de amor, centrada nos seus personaxes protagonistas e nos efectos psicolóxicos do encarcelamento dos mesmos.

O venres 17 teremos os dous pases habituais, ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán, e ás 22:30 horas en VOS. O domingo 19  o pase será ás 19:00 horas en versión dobrada ao castelán.

AVANTAR ACTIVIDADES