Un tráiler con 24 palés de axuda humanitaria sae de Cáritas para a fronteira con Polonia

Onte saiu máis axuda humanitaria con 24 palés completos, que serán transportados por un trailer, cuxa chegada á fronteira con Polonia está prevista para o próximo sábado. De novo, a axuda humanitaria chega dende colexios, concellos, administracións e empresas de toda a provincia, así como do recaudado por outras Cáritas, coordinadas pola entidade do Carballiño. Esta semana completarán outro envío.

Este mesmo domingo chegaba o primeiro envío, que foi trasladado por un autobús da empresa Montañesa, que está agora mesmo de volta con preto de corenta refuxiados a bordo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Agora, despois de recibir toda esta axuda, agradecen a colaboración económica para poder facerse cargo do custe do transporte de cara a Ucrania. O párroco do San Cibrao, Jorge Juan Pérez, da as gracias a todos os que colaboraron nesta campaña con calquera aportación e ca súa axuda voluntaria.