Espazo Común recolecta propostas da cidadanía na xornada de feira

A formación de Espazo Común deu paso máis de campaña electoral e instalou hoxe un posto na Praza Maior aproveitando a xornada de feira. Quixeron entregar unhas papeletas á xente ca finalidade de que a cidadanía deixase as súas propostas destinadas a conseguir un Carballiño mellor.

Estivo acompañando a iniciativa o candidato á alcaldía, Pachi Vázquez, e o actual voceiro do grupo, Adolfo Nogueira, e militantes do grupo. Anunciaron que seguirán con este tipo de actividades, para achegárse á cidadanía en diferentes puntos da vila.

AVANTAR ACTIVIDADES