Onte, o concelleiro responsable de persoal do concello de Ribadavia, Manuel Vázquez, presentaba a súa dimisión. Hoxe era o Partido Popular quen emitía un comunicado valorando os feitos e acusando ó “desgoberno” de coalición de ser o culpable desta decisión. A alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez, quixo responder, e fíxoo a través do seguinte comunicado:
“Non hai fisuras nin desgoberno e moito menos “coalicions de despacho”. Levamos a cabo un acordo de goberno de esquerdas totalmente lícito e democratico no seu momento, e xa tiña que ser feito antes. O unico que fixo e fai pactos de despacho é o PP, utilizando ás persoas e a tránsfugas.
O PP non esta para dar clases de nada. Entendo o seu papel desde a oposición, pero hai que lembrar que desde o PP foron os primeiros en pedir a dimisión deste concelleiro, Manuel Vazquez.
Que o diga este señor (César Fdez.) cando o problema de Manuel co PP foi orquestrado por eles, non é moi coherente. O problema que tivo César Fdez. foi orixinado con el en primarias, enton e un papel moi oportunista, salir el de defensor e de acusacións de descomposicion dun goberno, falsamente.
Parece mentira que o PP salga decindo eso, non é creible xa que Cesar Fdez, foi o causante de que Manuel Vazquez se fose do PP no seu momento, e o executou con Manuel Baltar levando a cabo un ERE donde se puxo a Manuel fora da Deputación no posto que ocupaba.
O goberno de Ribadavia vai seguir funcionando con normalidade. É unha decision persoal e lícita que respecto. Manuel, por razóns laborais estivo fora e a concellería e o concello e a sua area funcionou con normalidade e cun proxecto de goberno de esquerdas.
O que quero destacar é que foi un bo compañeiro. Respecto a decisión, sabiamos que quería encabezar un proxecto propio e chegan as eleccións e tomou esa decisión. Non afecta a nada e o goberno sigue o seu curso.
El quere encabezar seu propio proxecto, é moi licito, non vai saír ningunha mala palabra de min. Respecto ás formas, deben ser doutro xeito. Se non lle gustaba a forma de gobernar, gobernar en coalición é complicado e a veces hai que ceder e entre as diferentes areas pode haber discrepancias, e ao ter outro tipo de cultura política e dificil, hai que ceder e chegar a acordos.
Entendo que debe haber goberno de esquerdas e quizais non se sinta comodo nunha coalición de esquerdas. É unha epoca próxima ás eleccións e é o que toca, cada un xoga o seu papel e o PP se equivoca nas suas declaracións, é unha decision meditada e respectable”.