O concello de Ribadavia acollerá a nove mulleres ucranianas e ós seus fillos no Convento de San Francisco

O concello de Ribadavia está a piques de asinar un convenio de colaboración co Obispado de Ourense, xestor actual do Convento de San Francisco, para acoller a nove mulleres procedentes de Ucrania e ós seus fillos. Esta iniciativa surxe dunha iniciativa entre o concello e a entidade deportiva CENTED, o Centro Académico de Formación de Entrenadores de Fútbol de Galicia, con sede tamén en Ourense. Esta entidade, como tantas outras, están recaudando axuda humanitaria para enviar a Ucrania. O próximo día 26 de marzo, realizarán un envío con este material, e farano a través dun autobús, que ó mesmo tempo, voltará a Ourense con mulleres e nenos refuxiados. A entidade deportiva púxose en contacto ca alcaldesa de Ribadavia para estudar posibilidade de acollida para estas mulleres.

Pola súa parte, a alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez, amosou a súa total colaboración con esta causa. Púxose en contacto cos párrocos do municipio para solicitiar as instalacións do Convento de San Franciso, para destinalo a lugar de acollida para esta nove mulleres.O convento pertence á congregación dos Franciscanos, pero actualmente está xestionado polo Obispado. Nas próximas horas, a alcaldesa prevé asinar un convenio co Obispado para o uso humanitario deste espazo.

AVANTAR ACTIVIDADES

A alcaldesa quere agradecer aos párrocos a súa comprensión, solidariedade e facer de fio conductor positivamente coa diócese de Ourense para atender tan rápido a súa demanda.

O concello farase cargo dos gastos de acondicionamento do convento, así como de todo o que supoña a súa posta en marcha, e os gastos correntes, como luz ou gasóleo, menaxe do fogar, entre outras cousas. Neste senso, a alcaldesa afirmou que pedirán a colaboración da Deputación de Ourense, Subdelegación do Goberno, Xunta de Galicia e outras administracións comptentes para sufragar os posibles custes de roupa de cama ou mesmo os propios colchóns e dalgunhas outras necesidades.

O convento conta actualmente con nove habitacións, que contan con espazo suficiente para dúas camas cada unha, e incluso para a colocación de cunas. Cada habitación dispón do seu propio baño. Conta cunha cociña industrial, un comedor, un hall que sería acondicionado como sala de estar e unha alacena, que será destinada a sala de xogos para os máis pequenos.

O concello pondrá a disposición os servizos municipais, servizos sociais, axuda psicoloxica, tramites de asilo politico, escolarización e servizo de saúde, como o está a facer coas persoas anteriormente chegadas coas súas cativas a través dos Servizos Sociais, por medio dos Servizos Sociais e en comunicación permanente coa Subdelegación do Goberno. A alcaldesa aplaude iniciativas solidarias particulares como a que trouxo ás últimas mulleres dende Ucrania paa o concello.

Despois da situación que están a vivir, deixando atrás as súas vivendas e familias, sinalou a alcaldesa, Noelia Rodríguez, a prioridade do concello é poder ofrecerlles un espazo no poidan convivir xuntos.

O sentimento de axudar é xeralizado. A alcaldesa destacou que “o meu compromiso non é só como alcaldesa, por encima das cuestións políticas, eu como persoal sanitario (enfermeira) me vexo na obriga de axudar e dar protección a estas mulleres e nenos/as”.