O Psdeg-Psoe de Ourense informa que todos os emigrantes retornados teñen dereito a solicitar ó recoñecemento da discapacidade e a cualificación do grao de dependencia

IES CHAMOSO LAMAS

Dende a área de migracións explican que nas últimas semanas detectaron entre o colectivo de retornados, perceptores unicamente da pensión estranxeira, “o descoñecemento dos seus dereitos sociais”

Luís Gulín lembra que “é importante que esas persoas, a efectos fiscais, teñan esas situacións tamén recoñecidas en España” e ofrécese a orientación para iniciar os trámites oportunos ante as administracións correspondentes

O CAMPO DA FEIRA NON SE PECHA

Ourense, 17 de marzo de 2023. O PSdeG-PSOE de Ourense, a través da secretaría provincial de migracións, informa de que todos e todas as emigrantes retornadas teñen dereito ó recoñecemento da discapacidade e a cualificación do grao de dependencia. Dende a área de migracións da Executiva Provincial explican que durante as últimas semanas detectaron entre o colectivo de emigrantes retornados, perceptores unicamente da pensión do estranxeiro, “o descoñecemento dos seus dereitos sociais”.

O responsable de migracións do PSOE ourensán, Luís Gulín Iglesias, explica que “en conversas con familiares, concelleiros do partido e traballadores sociais de diversos concellos púidose comprobar que existe a errónea crenza de que por ter só pensión estranxeira e ningunha española, supostamente non se pode solicitar o recoñecemento do grao de discapacidade e a pertinente valoración do grao de dependencia”. Algo que segundo apunta Gulín “é rotundamente falso, xa que si que pode solicitarse”.

Neste senso, cabe destacar que existen casos de xente encamada, con demencia e outras deterioracións cognitivas que son atendidos nos seus domicilios por familiares.

O secretario provincial de emigracións afirma que, no caso dos retornados de Alemaña, “hai moitos que si perciben unha prestación de dependencia de Alemaña, ao cotizar no país xermano, pero non teñen a discapacidade e a dependencia españolas tramitas e recoñecidas”. Gulín lembra que “é importante que esas persoas, a efectos fiscais, teñan esas situacións tamén recoñecidas en España” e apunta que “ó ter unha discapacidade e grao de dependencia só valoradas no estranxeiro, non ten ningunha validez á hora de acollerse aos beneficios fiscais na declaración da renda ante a Facenda española”.

Ante esta situación, a secretaría provincial de migracións do PSdeG-PSOE de Ourense ofrécese a estudar e orientar, nos casos específicos, para iniciar os trámites oportunos ante as administracións correspondentes.