O Campionato de Galicia de Slalom arrinca este sábado 18 de marzo en Monterroso, Lugo, coa décima edición dunha proba xa completamente asentada no calendario autonómico e organizada por Mix Rallye Sports.
Finalmente serán 54 equipos os que estarán presentes no centro da localidade para pasar as verificacións técnicas e administrativas a partir das 08:00 horas da mañá no Cafe Bar Bruselas e na Cúpula de Monterroso, lugar onde tamén estará situado o parque pechado, onde todos os afeccionados poderán ver os vehículos participantes.
O trazado deseñado por Mix Rallye Sports percorrerá distintos puntos do casco urbán de Monterroso, nun trazado técnico que obrigará aos participantes a poñer toda a súa habilidade para firmar o mellor crono nas dúas mangas oficiais, que comezarán xusto despois da única de adestramentos, con hora de comezo as 11:00 horas.
Entre os inscritos figuran nomes habituais da especialidade como Manuel Trevín, terceiro clasificado do campionato en 2022 e segundo no Slalom de Monterroso do pasado ano, ou Iván Picallo, que foi cuarto da xeral do certame.
Tamén tomarán a saída habituais do certame como Miguel Ángel García, Fernando Sanmartín, Esteban Teijo o Sergio Fernández, entre outros.
Nas dúas copas presentes, iniciación e debutantes, nada menos que 14 e 9 inscritos, respectivamente, confirmando o bo estado de saúde da modalidade de slalom.
A publicación dos resultados está marcada para as 20:30 horas e a entrega de premios, na Cúpula de Monterroso, as 21:15 horas.
Programa Horario:
1ª pasada de adestramentos // 11:00 horas.
1ª manga oficial // A continuación
2ª manga oficial // A continuación
Publicación de resultados oficiais // 20:30 horas.
Rolda de prensa tres primeiros // 21:00 horas.
Entrega de premios // 21:15 horas.