A Deputación asume a titularidade da estrada local que discorre polo municipio de Manzaneda ata a estación de montaña

Manuel Baltar e o alcalde, Amable Fernández, pecharon esta mañá no Pazo Provincial os detalles dun acordo que non só beneficia ao concello e ao conxunto da comarca, senón tamén a todos os visitantes do complexo procedentes do resto de Galicia e doutras comunidades autónomas

O deputado de Cooperación, Pablo Pérez, explica que o goberno provincial e o Concello de Manzaneda decidiron pechar este protocolo logo de tres anos de espera por un acordo plenario do Concello de Trives, imprescindible para a cesión do treito da estrada que atravesa este municipio e completar o cambio de titularidade de toda a vía

Ourense, 17 de marzo de 2023.- A Deputación de Ourense asumirá a titularidade da estrada local que discorre polo municipio de Manzaneda ata a estación de montaña (OU-44005), vía que precisa dun tratamento integral pola súa importancia para as comunicacións na comarca e para conectar o complexo co resto de Galicia e comunidades limítrofes.

PUBLICIDADE ELECTORAL