Estrea ilusionante do proxecto do BNG de Xinzo de Limia

Camilo Vila baixo o lema “UN CONCELLO DE 10, UN CONCELLO DE 10.000”, desenvolveu as cinco ideas sobre as que pivota a proposta nacionalista para Xinzo de Limia

Xinzo, 17 de marzo de 2023. O BNG de Xinzo de Limia presentou na tarde de hoxe, venres 17, o seu proxecto para as eleccións municipais de maio. Baixo o lema “UN CONCELLO DE 10, UN CONCELLO DE 10.000.”, Camilo Vila, candidato á alcaldía de Xinzo de Limia polo BNG, desenvolveu as 5 ideas sobre as que pivota a súa proposta: “Medrar en Xinzo; Traballar en Xinzo; Vivir en Xinzo; Coidar en Xinzo e Desfrutar en Xinzo”.

AVANTAR ACTIVIDADES

Máis de 150 persoas acudiron ó acto no que se coñeceron os nomes das persoas fortes do equipo de Vila. Manuel Pozo, enxeñeiro de telecomunicacións e ligado sempre á Anpa do Ceip Carlos Casares; Alba Feixóo, avogada e histórica militante nacionalista; Marta Joga, educadora e vencellada ó ámbito da música tradicional; e Xosé Manuel Cid, decano da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo en Ourense. Un equipo formado, compensado e ilusionado.

A grande sorpresa é contar con Manuel Pozo, unha persoa de recoñecida traxectoria profesional e social pero que nunca apoiara a ningunha candidatura. Manuel expuxo que o motivo que o levou a dar o paso é a confianza no proxecto de Vila.  

O líder dirixiuse ás persoas asistentes para apelar á forza que está conseguindo o BNG no seu proceso de reconstrución en Xinzo.

Houbo ocasión de coñecer tamén ó resto de candidatos e candidatas do Bloque de toda a comarca da Limia e de Allariz-Arnoia.

Cristina Cid Fernández (Allariz)

Silvia Piñá Flores (Baltar)

Xaime Óscar Iglesias Pérez (Baños de Molgas)

Celso Sánchez González (Maceda)

Juan Antonio Rivero Abuín (Rairiz de Veiga)

María do Mar Alonso Lozano (Trasmiras)

Manuel Conde Gómez (Vilar de Barrio)

Antonio Míguez Nogueiras (Vilar de Santos)

Sonia Vidal Lamas (Xunqueira de Ambía)