O alcalde e un grupo de pais e nais acordan demandar melloras no centro de saúde do Carballiño

Este sábado tivo lugar unha reunión entre Francisco Fumega, alcalde do Carballiño, e un nutrido grupo de pais e nais do Carballiño co obxetivo de demandar as melloras necesarias para un correcto funcionamento do centro. Nos últimos anos o alcalde transladou diversas demandas dos usuarios e usuarias do centro de saúde ó Sergas, tamén se consultou co persoal do propio centro sanitario.

Na conversa, o alcalde expuxo a información que lle transladaron dende a Xunta de Galicia en canto ó novo centro de saúde. Pero tamén aclarou que hai varias necesidades que están neste intre sen cubrir, que xa foron demandadas, como pode ser a falta de persoal e especialistas, a problemática para poder contactar telefónicamente co centro sanitario ou a falta de atención pediátrica en urxencias.

AVANTAR ACTIVIDADES

Unha das principais demandas por parte do grupo de nais e pais é a falta dunha segunda matrona, pois na actualidade só existe unha praza, e seguindo a ratio, como mínimo debería duplicarse o servizo. Tamén puxeron de manifesto a falta de espazo para as clases post e preparto, que obriga a moitas nais a ter que acudir a este servizo moi tarde, fóra do momento óptimo para facer uso del. Tamén fixeron mención á falta de recursos materiais para a súa prestación.

En canto ó servizo de xinecoloxía, tamén se realizará a petición de que volva a prestarse tres días á semana. Na actualidade, este servizo só se presta un día, o que causa un transtorno considerable para as usuarias do servizo.Outra das demandas foi a de coñecer cómo vai quedar o servizo de pediatría ante a previsión dunha xubilación no servizo.

 Finalmente, manifestaron a súa gratitude á actual matrona do centro de saúde do Carballiño, Laura Vila, pola súa implicación e profesionalidade, da que destacan a formación continua, pero tamén sinalaron a gran carga de traballo que ten, polo que urxiron a incorporación dunha nova matrona.

Tanto o alcalde como o grupo, en representación de 30 familias, acordaron transladar ó xerente da área sanitaria de Ourense e ó propio Sergas as demandas sinaladas. Agardando que teñan unha resposta áxil e positiva, por ser necesarias e reais.