A Deputación celebra a concesión do XXXIX Premio “Celanova, casa dos poetas” á Buciños, “un referente senlleiro da nosa cultura”

O deputado Pablo Pérez, que acudiu en nome do presidente Manuel Baltar, destaca que con este galardón “recoñécese a traxectoria dun artista fundamental, renovador da escultura contemporánea e especialmente comprometido con Ourense e Galicia”

Pérez destaca a participación da Deputación nunha fundación “que é vital na dinamización cultural da comarca e a propia provincia de Ourense, como demostran as máis de 13.700 persoas participantes nas súas actividades ao longo de 2022”

Ourense, 18 de marzo de 2023.- O deputado provincial Pablo Pérez asistiu esta mañá en Celanova á reunión do padroado da Fundación Curros Enríquez que, entre outros asuntos incluídos na orde do día, acordou conceder por unanimidade o XXXIX Premio “Celanova, Casa dos Poetas”, á Manuel García Vázquez “Buciños”, pola súa “longuísima traxectoria no cumio principal da arte escultórica galega, como transformador que ten sido das formas lisas e apacibles da madeira, o bronce e a pedra, mimetizadas subliminalmente coas da nosa propia orografía das nosas serras e das que emerxen figuras que transmiten sensibilidade e harmonía dun xeito moi persoal”. 

PUBLICIDADE ELECTORAL