As promesas do Nacional de Atletismo compiten esta fin de semana en Expourense no Campionato de España Sub-16 en Pista Cuberta

Expourense acolle esta fin de semana, sábado 25 e domingo 26 de marzo, o 36o Campionato de España sub16 en Pista Cuberta, categoría enmarcada no programa de desenvolvemento da #GeneraciónAtletismo, un programa da Federación Nacional dedicado a fomentar o potencial atlético dende a base ata a alta competición. Estímase unha participación de 500 deportistas pertencentes a máis de cincuenta clubs de toda España, o que fai pensar nunha fin de semana que encherá de visitantes a cidade xa que é habitual que estes deportistas compitan acompañados de familiares. En canto aos participantes galegos, ás poucas horas de pechar os repescais de participantes, serán uns 40 deportistas. Deles, serán tres da provincia de Ourense, con claras opcións de ocupar postos de privilexio, dous deportistas do ADAS CUPA, Aarón Pérez e Sergio Fernández e unha deportista do CD La Purísima, Iria Solera Movilla.

Este 2023 será a primeira vez que este campionato sub-16 se celebre na Pista Galega de Atletismo Cuberta de Expourense, xa que en anteriores edicións adoitaba celebrarse en Sabadell. Tanto a Federación Galega de Atletismo como a Real Federación Española de Atletismo teñen unha ampla experiencia na organización de probas nacionais nas nosas instalacións, por certo, unha das mellor valoradas do panorama nacional. Tanto é así que a selección española de 4×400 elixiu este lugar para finalizar a súa preparación para a Eurocopa de Istambul.
O Campionato, organizado pola Federación Galega de Atletismo en colaboración coa RFEA, Expourense, Deputación de Ourense, Deputación e Xunta de Galicia, desenvolverase en tres sesións: dúas o sábado 25 de marzo (de 10:00 a 13:15 horas e 17:00 a 20:50) e unha o domingo 26 (10:00 a 13:30). Ofrecerase vía streaming a través da plataforma LaLigaSportsTV.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Campionato de España Sub16 de Atletismo presentouse esta mañá nun acto no que participaron o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín; o xefe territorial de Deportes en Ourense da Xunta de Galicia, Manuel

Pérez; o Conselleiro de Deportes do Concello de Ourense, Aníbal Pereira; e o director xerente de Expourense, Rogelio Martínez.

Dende Expourense agradeceron a boa disposición das institucións, Concello de Ourense, Deputación e Xunta de Galicia, así como do tecido privado, para apoiar todas as iniciativas baseadas nestas instalacións. O que está a atraer o foco das diferentes federacións autonómicas e nacionais para a organización de eventos nestas polifacéticas instalacións.