Día Mundial do Teatro en Ribadavia

 O luns 27 de marzo celébrase o Día Mundial do Teatro e desde o Concello de Ribadavia, conmemoraremos novamente este día poñendo en valor o teatro como patrimonio cultural.
A concelleira de Cultura e tenente de alcaldía de Ribadavia, Paula Rodríguez, presentou o cartel coas actividades do día mundial do Teatro:
Para elo, na fin de semana, haberá teatro infantil e unha sesión de Lectura de Teatro Dramatizada:
O 25 de marzo, ás 19:00 horas, na Alameda teatro de rúa con Kote Malabar , para todos os públicos.
O 26 de marzo celebraremos unha sesión de Lectura de Teatro Dramatizada ás 12 horas, no local social da Madalena.
As lecturas a realizar serán escollidas entre os gañadores do Premio Abrente de Textos Teatrais da MIT Mostra Internacional de Teatro Ribadavia.
Ribadavia é capital galega do Teatro todos os anos grazas a celebración da MIT no mes de xullo, pero en Ribadavia o Teatro é cultura todo o ano e forma parte da nosa sociedade; existe unha aula municipal de teatro onde nenos e maiores fan teatro diariamente, unha oferta Cultural que comezou nesta lexislatura con Paula Rodríguez na Concellaría de Cultura, e da man da actriz local Rosa Puga.
Ademais, Ribadavia ten unha asociación décana do teatro popular e de base como é O Teatro do Vilar cunha longa traxectoria e un amplo apoio social e recoñecemento en toda Galicia.
O propio 27 de marzo, día mundial do teatro,  Ribadavia fará público o cartel da edición 2023 da MIT. 

AVANTAR ACTIVIDADES