“Somos Referentes” un voluntariado que busca darlle vida ao rural.

Somos Referentes é un voluntariado que inicia a súa andadura este martes e que pretende estar presente nos concellos de Xunqueira de Ambía, Vilar de Barrio e Laza durante moito tempo. As súas accións serán moi diversas e tocarán diferentes ámbitos como a valorización do medioambiente, identificación patrimonial nos concellos ou o desenvolvemento dunha rede de coidados.

Se queres coñecer polo miúdo como será este voluntariado ou inscribirte non dubides de vir a algunha das nosas presentacións. A primeira será o martes 21 ás 19.00 na biblioteca de Xunqueira de Ambía e o mércores estaremos en Vilar de Barrio ás 18.30 tamén na biblioteca.

AVANTAR ACTIVIDADES