Mañá, último día para inscribirse na andaina solidaria do concello de Cenlle

O concello de Cenlle pon en marcha un ano máis a súa tradicional andaina solidaria, que alcanza a 12ª edición. Este ano, os interesados, camiñarán en favor do Proxecto Alpha, da Asociación de Distrofia Muscular de Cinturas.

O prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro xoves, día 23 e formalizarase a través do pago de 5 euros na conta bancaria do concello, dos cales 2 euros serán solidarios. Os dorsais poden recollerse no concello, na biblioteca municipal, ou 30 minutos antes da saída. A andaina terá lugar o 26 de marzo, domingo, con saída ás 09:00 horas dende o campo de fútbol de Barbantes, con dous percorridos, un de 20 kilómetros e outro de 14, e outro baby, de 2 kilómetros.

AVANTAR ACTIVIDADES