Lino González, candidato do PP no Carballiño, presentouse hoxe ante a prensa

Lino González, a nova aposta do PP para a alcaldía do Carballiño, presentábase esta mañá ante os medios de comunicación na sede local, agradecendo a confianza que o partido deposita nel.

A lista de persoas que o acompañarán será oficial nas próximas semanas. En canto ós resultados, Lino asegura que preséntanse para gañar, e que non haberá pactos, xa que considera que fai falla un goberno forte para levar a cabo os proxectos ambiciosos que ten en mente.

AVANTAR ACTIVIDADES

O candidato ten claras as liñas de traballo que lle gustaría encauzar no Carballiño, como o emprego, a industria, os servizos para maiores e mozos e un maior impulso ás zonas verdes como o caso do parque municipal.