No concello de Boborás: Convocatoria e bases de selección para a contratación laboral temporal, a xornada parcial, de 2 peóns/as de servizos múltiples

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local do 17 de marzo
de 2023, aprobáronse as bases de selección para a contratación
de persoal laboral temporal:

  1. Número e denominación das prazas: 2 traballadores/as
    para prestar o servizo de peóns/peoas de servizos múltiples.
  2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a
    xornada parcial (30 horas semanais).
  3. Duración do contrato: nove meses
  4. Sistema de selección: concurso-oposición
  5. Lugar e prazo de presentación de instancias: no Rexistro do
    Concello, de 8.00 a 14.30 h, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de cinco días naturais, que
    contarán desde o seguinte ao de publicarse este anuncio no
    Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
  6. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección atópase á disposición do público no Concello, na páxina
    web (www.boboras.gal), e na sede electrónica:
    (https://boboras.sedelectronica.gal).
    Boborás, 20 de marzo de 2023. A alcaldesa.
    Asdo.: Ana Patricia Torres Madureira.