Catro triunfos e catro segundos puntos foi a bagaxe do club carballiñés
O Club de Patinaxe Aehde O Carballiño foi o gran protagonista do Torneo de Teo celebrado a pasada fin de semana e que contou coa participación de equipos das provincias de Pontevedra, A Coruña e Ourense. A entidade carballiñesa acadou catro triunfos noutros tantos niveis (Keyla Cucala, Mariana Pedrouzo, Luna Pérez e Paula Tumbeiro) e outros tantos segundos postos (Antía Fernández, Aroa Fernández, Sara López e Claudia Sieiro). Das dez participantes do club morado, oito remataron en podio, Carmen Otero fue cuarta e Keily Cruz acadou un meritorio octavo posto.
De cara ao futuro inmediato, o club prepara unha xornada de portas abertas para as nais, pais e familiares das rapazas e rapaces da escola de patinaxe para que poidan comprobar a súa evolución cos patíns. A cita será o vindeiro 30 de marzo.