A Deputación destina 366.000 euros ao financiamento de oito proxectos municipais

Xunta de Goberno da Deputación Ourense. Asisten Manuel Baltar (Presidente Deputación); Rosendo Fernández (Vicepresidente 1º da Deputación de Ourense); César Fernández Gil (Vicepresidente 2º da Deputación de Ourense); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Jorge Pumar (Deputado PPOU); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); Ana María Villarino Pardo (Deputado PPOU); Pablo Pérez Pérez (Deputado PPOU); Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense); Juan Marquina Fuentes (Secretario Deputación Ourense);

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, celebrada esta mañá no Pazo Provincial baixo a presidencia de Manuel Baltar, aprobou a concesión de 366.000 euros en subvencións para colaborar na execución de oito proxectos municipais.

Co apoio da Deputación, o Concello de Cartelle acometerá a mellora da área de autocaravanas de Nogueiró; Chandrexa de Queixa executará o acondicionamento do firme en varias vías municipais; Monterrei realizará obras no saneamento do núcleo de Flariz; Nogueira de Ramuín porá en marcha a primeira fase da humanización da travesía de San Miguel-Gundías; e Padrenda reformará a piscina municipal. Cada unha destas iniciativas recibirá 48.000 euros por parte do goberno provincial. Ademais, o Concello de San Cristovo de Cea, por la súa banda, recibirá unha axuda de 30.000 euros para pavimentación en Fondo de Cea.

AVANTAR ACTIVIDADES

Na orde do día da Xunta de Goberno tamén figuraba a fixación do prezo público dun dos libros incluídos no Plan de Publicacións da Deputación, correspondente ao pasado ano. Trátase do volume titulado Ese vento que vai sobor da terra. A vida desmedida de Basilio Álvarez, unha biografía sobre o sacerdote, xornalista, político e fundador do movemento agrario Acción Gallega, escrita polo profesor de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, Miguel Cabo Villaverde.