Co título de “Los pasos de la Semana Santa en O Carballiño. Presente e futuro”, o catedrático de Historia da Arte da Universidade de Santiago José Manuel García Iglesias pechará este xoves, 30 de marzo, o ciclo de conferencias de Semana Santa que organiza a Cofradía da Vera Cruz.
García Iglesias é académico da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e a súa producción científica abarca unha vintena de libros e máis de douscentos estudios publicados en revistas de investigación. Foi presidente do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais entre 1993 e 1997, e no ámbito da organización cultural foi comisario dos proxectos expositivos “Galicia no tempo” (1990-91), “Galaecia Fulget” (1995-96), “Galicia, Terra Única” (1997), Xacobeo 99 e Xacobeo 2004.
O pasado luns participou neste ciclo de conferencias o doctor Víctor Manuel Marugán, que disertou sobre a Sábana Santa.
Neste mesmo marco, a Igrexa Parroquial de San Cibrao, pode visitarse a exposición “O Camiño da Cruz”, onde se amosan pasos e enseres das procesións, así como fotografías alusivas á Semana Santa no Carballilño.