A programación cultural do mes de abril no Carballiño ofrece unha trintena de actividades que mesturan cine, teatro, historia e ata gastronomía

-Un dos pratos fortes será a Romería das Pulpeiras, o día 22 na Veracruz, entre outras propostas como un roteiro urbano sobre a arquitectura relixiosa do Carballiño ou o taller de Clowns, que se prolongará durante tres xornadas no Auditorio

O Carballiño, 30 de marzo de 2023

AVANTAR ACTIVIDADES

A cultura encherá o calendario do mes de abril no Carballiño. Dende este sábado haberá practicamente unha proposta ao día, mesturando cine, teatro, historia e ata gastronomía, entre outras de interese. O Concello elaborou un programa  cunha trintena de actividades que se dedican a todos os públicos e, especialmente, aos cativos e cativas para encher de entretemento as súas vacacións de Semana Santa.

Un dos pratos fortes será a Romería das Pulpeiras, que pretende poñer en valor o pulpo á feira e a quen son as súas principais artífices, as pulpeiras e pulpeiros do pobo. O evento celebrarase o 22 de abril na Praza da Veracruz. A gastronomía tamén estará presente coa Ruta das Tapas que os días 7 e 14 de abril dedicarase aos crocantes.

Este é o programa detallado para os próximos días:

1 de abril: Teatro contemporáneo. Ás 18.00 horas no Auditorio representarase a obra “Hugo”, premio María Casares ao Mellor Espectáculo Infantil no 2022, para público de 7a 10 anos.

2 de abril: Cine. “Close”. Ás 19.00 horas no Auditorio. Cineclub O Carballiño.

Día da Xuventude. De 16.00 a 21.00 horas na Praza Maior haberá actividades e obradoiros para os mozos e mozas.

3,4 e 5 de abril. Taller de Clownrise, con Claudia Cantone. Auditorio Manuel María. Na última xornada ofrecerase unha mostra de final de curso, aberta a todos os públicos e a partir das 20.30 horas.

6 de abril. Roteiro urbano. Historia, arte e arquitectura relixiosa do Carballiño. De 11.30 a 13.30 horas. Punto de encontro na Praza Maior. Centro de Estudios Chamoso Lamas e Cofradía da Veracruz.

Teatro Novo Circo. “The Swow Moscón”  Ás 18.00h no Auditorio. Público infantil e familiar.

7 de abril. Ruta das Tapas. Adicado aos crocantes. De 20.00 a 23.00 horas.

8 de abril. Monólogo de Fernando Moraño. Ás 20.45 horas no Auditorio.

14 de abril. Cine. “Mantícora”. Cineclub O Carballiño. Ás 20.00 horas e ás 22.30 horas no Auditorio.

Ruta das Tapas. Adicado aos crocantes. De 20.00 a 23.00 horas.

15 de abril. Cantando con Raíz de Eduvía. Sala de Xuntas do Concello. 18.00 horas. Inscricións dende o 3 ao 14 de abril en snl@carballino.gal ou 662197665. Para nenos e nenas de entre 9 meses e 4 anos. Cancións, ditos e recitados para un achegamento das crianzas ao cancioneiro tradicional e á lingua dun xeito natural e divertido.

Teatro/Musical. “Vox Populi”. Malasombra Producións. Público adulto. Ás 20.30 horas no Auditorio.

16 de abril. Musical Queen Kids- Pares o nones. Ás 12.00 horas no Auditorio.

21 de abril.  Obradoiro Toponimízate! Ás 10.00 horas no Auditorio. Destinatarios: Segundo ciclo de Primaria dos centros educativos Vila do Arenteiro e Sagrado Corazón.

21 e 23 de abril. Cine. “The quiet girl”. Cineclub O Carballiño. O 21 de abril ás 20.00 e ás 22.30 horas no Auditorio. O 23 de abril a sesión será ás 19.00 horas.

22 de abril. Romería das Pulpeiras. Veracruz.

28 de abril. Cine “El triángulo de la tristeza”. Cineclub O Carballiño. Ás 20.00 horas e ás 22.30 horas no Auditorio.

29 de abril. Cantos de Taberna. A partir das 20.00 horas nos locais de ocio.

Outras actividades

Ata o 9 de abril. Exposición “O Camiño da Cruz”. No Templo da Veracruz e na Igrexa Vella.