O Psdeg-Psoe destaca que a xustiza confirma irregularidades na concesión de axudas públicas aos autónomos e autónomas da provincia

Certifica as irregularidades cometidas polo goberno de Baltar ao admitir como válidas solicitudes rexistradas antes da apertura do prazo de presentación, tal e como denunciaron os e as socialistas

AVANTAR ACTIVIDADES

A xustiza mantén as axudas concedidas porque non se esgotou o crédito e isto era o que buscaba o PSdeG-PSOE: sacar á luz unha nova trama irregular do PP, sen prexudicar aos autónomas e autónomas

Ourense, 31 de marzo de 2023. O PSdeG-PSOE destaca que a xustiza vén de confirmar a existencia de irregularidades no procedemento de concesión das axudas económicas da Deputación de Ourense aos autónomos e autónomas, a causa da pandemia da Covid-19. O voceiro, Rafa Villarino, asegura que a sentenza “certifica as irregularidades cometidas polo goberno de Manuel Baltar ao admitir como válidas solicitudes rexistradas antes da apertura do prazo, tal e como denunciamos os e as socialistas”. “A filtración que destapamos hai case tres anos quedou amplamente documentada e ratificada na sentenza”, resalta.

Desde o PSdeG-PSOE ourensán anuncian que están a valorar recorrer a sentenza ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) e tamén abrir a vía penal, unha vez recoñecida a existencia de irregularidades nas bases de regulación destas axudas a autónomos e autónomas.

A súa vez e en base ao principio de conservación dos actos, o xulgado mantén a vixencia destas axudas porque non se esgotou o crédito e, polo tanto, non houbo prexudicados ou prexudicadas directos ante o proceder irregular. “Isto era o que buscaba o PSdeG-PSOE desde o comezo do proceso: sacar á luz unha nova trama irregular de Baltar, sen prexudicar aos autónomas e autónomas ourensáns que, efectivamente, precisaban destes fondos públicos ante o duro golpe que supuxo a pandemia”.

“En ningún momento correron risco as axudas, xa que o recurso era contra as bases da convocatoria e non contra as subvencións”, insiste Villarino antes de recordar que, de modo explícito, manifestaron que “non se recorren os actos de concesión das subvencións aos beneficiaros ou beneficiarios das mesmas, que son firmes e consentidas”. “Ningún dos beneficiarios ou beneficiarias haberá de devolver o importe posto, que tales actos non foron recorridos e son firmes e consentidos”, figura expresamente nos documentos do recurso do PSOE.

O fallo do xulgado do contencioso-administrativo número 1 de Ourense asevera que “asiste razón cuando afirma la existencia de irregularidad en el procedimiento de convocatoria de este tipo de ayudas” e matiza que estamos ante unha “irregularidad no invalidante” ao non esgotarse os fondos públicos dispostos. En base a isto conclúe que “las resoluciones de otorgamiento derivadas de la aplicación de la bases impugnadas se hubieran mantenido igual de no haberse cometido la infracción”.

A xustiza destaca que “se presentó un numero relevante de solicitudes un día antes del plazo de presentación que señalaba la convocatoria“, circunstancia que “no es baladí, toda vez que lo que se convocaba era un proceso de concesión bajo el principio de concurrencia no competitiva”. Así pois dalle a razón ao PSdeG-PSOE ao confirmar que esa data é relevante,xa que determina a prelación no caso de esgotamento dos fondos, algo que “por sorte non sucedeu” o que “evitou males maiores entre a veciñanza”.

Desde o PSdeG-PSOE tamén destacan a non imposición de costas porque, unha vez máis, confirma a xuiza na súa argumentación a “existencia de diversas irregularidades en el procedimiento” do goberno de Baltar. Así mesmo, recordan que, finalmente, non se personou ningún autónomo ou autónoma.

A maxistrada asevera que “la admisión de las referidas solicitudes antes del plazo fijado si conculcaría el principio de igualdad de los posibles beneficiarios siempre y cuando las solicitudes del día 12 de mayo hubiesen agotado el crédito presupuestario de manera que los solicitantes posteriores se hubiesen privado de los ayudas“, producindo unha “desigualdad invalidante“.

“Opinións de parte como a da presidenta da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) e a do presidente da Asociación Empresarial de Profesionais e Autónomos (AEPA), utilizados polo presidente da Deputación ourensá para tratar de camuflar a realidade, desacreditan aos representantes destas organizacións, que violan os códigos éticos desde a desinformación, non queremos pensar que sexa deliberadamente, ou desde a ignorancia, incumprindo o seu deber de neutralidade”, conclúe o voceiro.