“A Xustiza acaba de remarcar o que xa sabíamos: que as axudas outorgadas polo goberno provincial a un sector chave da nosa provincia foron, ademais de éticas, completamente legais”, sinalou Rosendo Fernández
• Lembra as palabras dos representantes do ámbito empresarial ourensán, “moi críticos cunha actuación que, como explicaron, foi en contra dos autónomos e pemes ourensáns porque, en caso dunha sentenza estimatoria, terían que devolver as axudas recibidas, que en total sumaron máis de 3,2 millóns de euros”
• Rosendo Fernández define a Villarino como o “político desestimado: desestimado en Ourense, desestimado en Amoeiro, desestimado en Coles, desestimado en Vilamarín… e agora desestimado pola Xustiza, tombando os seus intentos de obstaculizar as axudas no momento máis cru da pandemia”
• “Agora aparecerá por San Cibrao das Viñas como un franquiciado socialista, e o fai cunha carta de presentación moi acaída: unha lamentable e errática actuación neste pleno con ataques ao colectivo de empresarios, antes de presentarse no concello co polígono industrial máis grande de Galicia”
31, marzo, 2023. O deputado do Grupo do Partido Popular da Deputación de Ourense -e vicepresidente primeiro provincial-, Rosendo Fernández, pediu esta tarde a dimisión de Rafael Rodríguez Villarino e os outros oito representantes socialistas na Deputación que asinaron o recurso contra as máis de 5.000 axudas directas destinadas polo goberno provincial aos autónomos e pemes ourensáns, un recurso desestimado polo Tribunal Contencioso Administrativo.
“O aínda líder do PSOE provincial e os outros oito deputados deberían dimitir hoxe mesmo, despois de que a Xustiza remarcase o que xa sabíamos: que as axudas outorgadas polo goberno provincial a un sector chave da nosa provincia foron, ademais de éticas, completamente legais”, sinalou Rosendo Fernández.
“O realizado polo PSOE de Villarino marcou un precedente único en Europa: ninguén máis foi capaz de cargar contra as axudas directas dirixidas a milleiros de persoas no peor da pandemia, e sobre todo cando este goberno provincial foi a primeira institución provincial en habilitar este tipo de axudas”, destaca o deputado do Grupo do Partido Popular da Deputación de Ourense e vicepresidente primeiro provincial.
Rosendo Fernández tamén lembrou as palabras dos representantes do ámbito empresarial ourensán, “moi críticos cunha actuación de Villarino que, como sinalaron, foi en contra dos autónomos e pemes ourensáns porque en caso dunha resolución negativa terían que devolver as axudas recibidas, que sumaron en total máis de 3,2 millóns de euros”.
O popular define a Villarino como o “político desestimado: desestimado en Ourense, desestimado en Amoeiro, desestimado en Coles, desestimado en Vilamarín… e desestimado pola Xustiza, tombando os seus intentos de obstaculizar as axudas no momento máis cru da pandemia”.”E agora aparecerá por San Cibrao das Viñas como un franquiciado socialista”, conclúe o vicepresidente, “e o fai cunha carta de presentación moi acaída: unha lamentable e errática actuación neste pleno con ataques ao colectivo de empresarios antes de presentarse no concello co polígono industrial máis grande de Galicia”.
Inicio Actualidade Rosendo Fernández: “Villarino debe dimitir hoxe, xunto aos outros oito deputados que...