Accidente moi grave en Barbantes

SINISTRO VIAL CONSISTENTE NA COLISIÓN FRONTOLATERAL ENTRE UN TURISMO E UNHA MOTOCICLETA, RESULTANDO FERIDO MOI GRAVE O MOTORISTA

Ocorrido ás 20:20 horas de hoxe, na travesía de Barbantes Estación, pertencente ao termo municipal de Cenlle (Ourense.)

AVANTAR ACTIVIDADES

O turismo ocupado por un matrimonio e os seus tres fillos menores ILESOS.

A motocicleta marca Yamaha condutor e único ocupante ferido moi grave, home nado en 1955 e veciño da cidade de Ourense.

Para atender este sinistro foi preciso mobilizar:

Unha patrulla de motoristas e un equipo de atestados do subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense, que investiga as causas do sinistro.

Unha ambulancia medicalizada do servizo de urxencias sanitarias 061, que atendeu e trasladou ao CHUO ao ferido.

Unha dotación de bombeiros de Ribadavia.

Un equipo de Protección Civil.

Un retén de conservación e limpeza da vía.

Desde o Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense, quérese destacar que os motoristas son un dos colectivos máis vulnerables das vías. Un estudo realizado polo Consello Europeo de Seguridade viaria conclúese que, por cada quilómetro que percorre un usuario nunha estrada da Unión Europea, o risco de perder a vida, en comparación co dunha persoa que viaxe en automóbil, é 20 veces maior no dun motorista. As motocicletas e ciclomotores representan o 15% do parque de vehículos e o 22% dos falecidos en accidentes de tráfico.