Comeza a dotación de materiais para abrir o Museo da Fábrica de Papel

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O alcalde, Francisco Fumega, visitou hoxe as obras para a musealización da Fábrica de Papel. Estivo acompañado do tenente alcalde, Manuel Dacal, e do concelleiro de obras, Rogelio Otero. Ano e medio máis tarde da concesión da Xunta de Galicia dunha axuda de 200.000 euros, comeza a última fase do proxecto para a súa apertura. Despois da Semana Santa, comezará a instalación do material que dará forma ó museo: paneis e reconstrucións da antiga fábrica. Estará deseñado en varios nivel e en cada piso amosarase unha fase do proceso.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Contará cun deseño moderno, con audio explicacións en varios idiomas. Estará composto por máis de 30 paneis informativos e tamén contará con material audiovisual. Segundo o alcalde, a previsión é que abra as súas portas en maio.

Para o alcalde, rematar esta obra será algo importante para O Carballiño, e albergará algunhas das publicacións orixinais máis importantes que se fixeron con papel que naceu aquí.