O Día da Xuventude chegou onte á Praza maior do Carballiño para ofrecer actividades de lecer e formación xuvenil durante todo o día. A Xunta de Galicia leva esta iniciativa a unha trintena de concellos de Galicia dende principios de ano ata o mes de maio.
Os mozos puideron participar en obradoiros dinámicos de cociña saudable, graffitis, igualdade de xénero, protección do medio ambiente e empregabilidade, xogos e un concerto do grupo Percucar.
Este programa, posto en marcha pola Consellería de Política Social e Xuventude, xa percorreu unha vintena de localidades de toda a Comunidade e aínda lle queda algunha parada na provincia. O concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, agradeceu á Xunta esta iniciativa.