Silvia Baranda vai de número 3 na lista de Paco Fumega

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Silvia Baranda Fernández será a número 3 na lista electoral do PsdeG-Psoe que encabeza Paco Fumega para as eleccións locais do próximo 28 de maio.

Asi o anunciou o propio Fumega na cadena Cope hoxe pola maña no informativo local.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A traxectoria política de Silvia arranca no ano 1999 cando foi no posto número 9 de Pachi Vázquez quen acadou a maioria absoluta. Ela ocupou a concellería da Xuventude.

Nese periodo compaxinou esa resposabilidade ca de presidir o clube de fútbol de Arcos. A pasión de Silvia polo fútbol e ben coñecida.

Hemeroteca da Voz de Galicia

No ano 2003 volve a ir na lista de Pachi Vázquez ocupando o número 6. Neste mandato volveu a ter a responsabilidade de xuventude e voluntariado e tamén ter a presidencia dun clube de fútbol sala.

Todas as actividades políticas de Silvia asi como as deportivas foron compartidas ca súa gran vocación familiar que é a de ser pulpeira. Asi o podemos ver nesta entrevista que lle fixo a Voz de Galicia no ano 2006

Hemeroteca da Voz de Galicia ano 2006

Despois deste mandato deixou a política institucional para adicarse a outras tarefas regresando no ano 2019 onde ocupou o número 5 na lista de Paco Fumega

Durante este mandato foi a concelleira de Deportes

Resumindo: Silvia Baranda foi na candidatura do PsdeG-Psoe nos anos 1999, 2003 e 2019 Nas tres ocasións o Psoe acadou a maioria absoluta. De seguir esta tendencia Paco Fumega pode dormir tranquilo