En Cenlle: Convocatoria e bases reguladoras para a contratación laboral temporal dun/a axente forestal e de un/a peón/a forestal

Convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas pola Xunta de Goberno
Local do día 15/03/2023:

  1. Número e denominación das prazas: un/unha (1) axente forestal e un/unha (1) peón/peoa forestal, con cargo ao Programa provincial de cooperación en materia de empregabilidade da Deputación Provincial de Ourense, para o servizo de “Mantemento, limpeza e xestión da biomasa no Concello de Cenlle”.
  2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal
    Xornada:
  • Axente forestal (30 horas/semana)
  • Peón forestal (40 horas/semana)
  1. Duración do contrato: cinco meses.
  2. Sistema de selección: concurso de méritos.
  3. Retribucións totais (incluído o rateo da paga extra)
  • Axente forestal 1.102,50 €/mes
  • Peón forestal 1.260,00 €/mes
  1. Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles
    contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no
    Boletín Oficial da Provincia de Ourense, no Rexistro do Concello
    de Cenlle ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
  2. Exposición das bases: o texto completo das bases de
    selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello
    e na sede electrónica municipal:
    http://cenlle.sedelectronica.gal